Talk Radio

(Oliver Stone, 1988)


Stone, un individuo capaz do mellor e do peor... Os exemplos do mellor son as fabulosas "Platoon"(1986), a asombrosamente boa "Wall Street" (1987), e esta apasionante obra de culto que comento, e película que da un mal rollo que te cagas... O peor prefiro non citalo, porque me cabrea bastante que o tío facturara merdas dese calibre.
Nun término medio estarían pelis interesantes como "The Doors"(1991), un biopic falseado e ás veces, algo absurdo, "JFK" (1991), sobre a investigación do asasinato do susodicho, ou a americanada absoluta, "World Trade Center" (2006), que por moi cursi que sexa, e moi odioso que sexa o papel de Nicholas Cage, pareceme unha gran película... Esperemos que nos sorprenda outra vez no futuro, e se deixe de entrevistar a dictadores bananeros e tocar os güevos con movementos de cámara gratuítos...
Pero falemos de "Talk Radio", esa película oscura, tétrica, tensa, que conta a historia dun locutor de radio algo cínico, e moi polémico, que recibe chamadas de tódolos tipos, dos que, por suposto, el se burla abertamente. Ás veces simpático, otras un verdadeiro hijoputa, o tio manexa ás ondas ó seu antoxo, polo que é rifado polas cadenas máis importantes da USA.
Pero tanta mala hostia pode estoupar na súa cara, e iso é precisamente o que consegue Stone, facernos sentir a morte durante todo o metraxe... O seu sabor, o seu tacto... Dios... Qué mal rollo... Cando chaman todos eses psicópatas! Dios mio...!
Como guionista, Stone tamén se sale do mapa... Eficaz como poucos ("Conan, O Bárbaro", "Scarface", "O expreso de Medianoite"...), nesta peli, fai que se nos poñan os putos pelos de punta, baseándose exclusivamente no peso do diálogo (recordemos que é unha peli sobre a radio...) e na interpretación dun tal Eric Bogosian, que o fai bastante ben... Ese monólogo final é unha das escenas máis estremecedoras dos anos oitenta... Por certo... El foi o co-guionista...
Nesa época, Stone tiña os seus tics de mover a cámara, pero nesta peli, facíao bastante ben, en coherencia co narrado, sen excesivos artificios, algo que é de agradecer... Todo en favor dunha excelente narrativa.
Un día preguntáronme cál sería o meu Ranking de 5 películas que falen sobre a morte: esta sería unha delas.

No hay comentarios: