This is Spinal Tap

(Rob Reiner, 1984)

Gran peliculón, este documental ficticio (Mockumentary... ou mellor dito... Rockumentary...) sobre un dos mellores grupos de rock da historia... Un grupo que non existiu... Spinal Tap!!!. Un documental ficticio, pero increíblemente verídico!!!, pois todas e cada unha das situacións que se viven no film, sucedéronlle a varios rockeiros reais. A película está explícita e abertamente baseada en estrelas como Aerosmith, Black Sabbath ou Van Halen, pero ten guiños a outras bandas, dende os Beatles ata Grateful Dead, pasando polos Stones, Saxon ou Led Zeppelin, mostrando as súas manías, egos, anecdotas surrealistas, extravagancias e idas de olla.
Moita mala hostia sobre o mundo do rock, que Rob Reiner e tres humoristas ingleses, David St. Hubbins (Michael McKean), Nigel Tufnel (Christopher Guest)e Derek Smalls (Harry Shearer) describen dunha forma ridículamente xenial. Tódolos tópicos son explotados por esta banda que comezou facéndo o clásico R&B británico (impagable "Gimme Some Money"), pasou pola psicodélia (alucinóxena "Listen To the Flower People") e acabou no Hard Rock e o Heavy Metal onde poñen o volume das guitarras ó 11 (expléndida escena), póñense pepinos no paquete, ou tocan a guitarra, non cun arco de violín como Jimmy Page, non... senón co violín mesmo!!!
Podería contar miles de anécdotas desternillantes desta peli, pero son tantas, e algunhas tan sutiles, que é mellor que a vexades por vós mesmos, ou que a volvades ver para pillar novos chistes. Unha película ácida, intelixente, e ás veces cruel, que fará as delicias dos freaks do Rock and Roll...
Tamén deberíades facervos coa xenial banda sonora da peli, que repasa toda a discografía deste pedazo de grupo.

No hay comentarios: