Ser ou non ser
(To be or not To be, Ernst Lubitsch, 1942)
Descojonante parodia na que un grupo de tolos actores que representan Hamlet en plena Alemania Nazi loitan contra os cans da Gestapo disfrazandose eles mesmos de nazis... Incluso se disfrazan de Hitler, e non te podes nin imaxinar o que te podes partir o cú vendo as situacións que se desenrolan...!!! ("Hail,eu mesmo..."!!!, dí...)
Este pedazo film resulta ser a máis ácida crítica ó III Reich nunca xamais rodada, e está feita en plena guerra mundial, cando Adolf tiña serias posibilidades de gañar !!! Nada de panfletos, solo auténtica mala hostia servida elegantemente en bandexa de plata polo grandísimo Lubitsch, ese director que sempre foi un pouquiño mellor que todos os demáis, deixandonos un agradable sabor de boca ós afortunados espectadores que saboreamos as súas delicatessen... Este tío era un dos grandes da posta en escea e do ritmo cinematográfico, sen ningún tipo de dúbida... Como se dixo por ahí... Nesta peli faise con Shakespeare o mesmo que Hitler fixo con Polonia...
Jack Benny e Carole Lombard están de puta madre (está claro porqué Clark Gable se fixou nela, lástima que se espetara nun avión pouco despois de rodar esto...), o guión do venenoso xudeu Edwin Justus Mayer é sinxelamente perfecto, excelente, inmellorable..., adicado ós nazis con todo o cariño... O ambiente é ese das altas comedias do Hollywood dourado, o sentido do humor é absolutamente soberbio... Todo está no seu sitio, estratéxicamente ubicado para que te partas o chourizo, e o mesmo tempo, a túa intelixencia sexa agasallada...
En definitiva: OBRA MESTRA, que xunto ao "Gran Dictador", é o máis claro e fiel retrato do nazismo e do totalitarismo... (Está claro que a comedia e o sentido do humor, son a peor arma para as tendencias políticas chungas...)
Qué máis podo dicir...? Calquera palabra quedaríase curta... Quén non a viu, o mellor é que a vexades inminentemente, non perdades nin un segundo máis, non sexades gilipollas...
...Como curiosidade, dicir que esta peli estivo prohibida en España ata ben entrados os 70's... Hai que joderse, qué burrada...!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario