Lenny
(Bob Fosse, 1974)
Antes de que calquera subnormal televisivo nos avergonzara cos seus fétidos monólogos diante dunha falsa parede de ladrillos e un público que rie por inercia ou cando lle mandan, Lenny Bruce era un xenio deste tipo de humor. Ainda que el, arremetía máis ben contra a ñoñería e todo o establecido. O sexo, os poderes e a relixión eran os seus temas predilectos.
En plenos anos 60, o tipo non deixou títere con cabeza cos seus ácidos comentarios, esbardallando contra todo quisqui cun estilo jazzistico, e un humor non apto para todos... A corrección política non era o seu forte, precisamente. Evidentemente, os poderes fácticos emprenderon unha campaña contra Bruce, usando todas as súas nauseabundas armas democráticas. Detuvérono mil veces por dicir "polla" ou "correrse", pero en realidade querían acabar co Lenny Bruce que incitaba a xente a pensar, a rebelarse mediante a máis poderosa das armas: O humor. As detencións e os xuicios eran como os seus espectáculos e congregaban a xente, que se partía o cú ante as salidas de tono de Bruce, que tiña nesa situación unha mina de ouro para ironizar sobre semellante absurdo. Pero, como di a canción, loitou contra a lei e a lei gañou. Tras acosalo sen descanso coma se fose un violador de monxas, consegiron que o xenio non fose contratado e finalmente a palmara dunha sobredose.
A puta barreira do idioma fai de nós uns putos aislados, pero se tedes oportunidade consegide as grabacións ou as transcripcións dos seus espectáculos, porque non teñen desperdicio, e son un humor universal e corrosivo, entendibles en Las Vegas, Frankfurt ou Montaos. Despois de todo falaba das cousas importantes da vida: ¿Quénes somos...? ¿Cando follarei...? ¿Cara onde imos...? ¿Follarei hoxe...?
Esta peli, sen ir máis lonxe, trata de ser fiel a moitos destes monólogos.E para iso axuda o gran Dustin Hoffman no papel de Lenny, que pese a estar sobreactuado, está formidable. Tamén Fosse imprímelle un ritmo fresco e orixinal, que toma moito do bebop e o jazz, principais fontes de inspiración de Bruce.
Unha peli moi setentera, cun agradecido tono documental, cunha foto en branco e negro maravillosa e boa música jazz de fondo. Unha peli que pretende homenaxear a Lenny Bruce, ainda que as veces peca un pouco de morbosa. Sen embargo, é un dos mellores biopics da historia do celuloide e unha biblia para amantes das frases xeniais... Aquí vai unha:
""Se Xesúcristo morrera fai 20 anos, os nenos das escolas católicas estarían usando pequenas sillas eléctricas ó redor do pescozo, en lugar de crucifixos..."
No hay comentarios:
Publicar un comentario