Unha Historia de Violencia
(A history of Violence, David Cronenberg, 2005)
Cronenberg é un dos meus directores preferidos, que dende a súa primeira obra (mestra) "Viñeron de dentro de..." (75) foi evolucionando, e gañando en calidade de forma sorprendente, ata asustar... Sabe dios a donde vai chegar este tipo... Por iso escollo a súa última obra (mestra), que pese a non ser unha das miñas pelis-fetiche del ("Rabid" (77), "The Brood" (79), "Videodrome"(83), "The Fly" (86), "Dead Ringers" (88), "Spider" (2002)...), pareceume incriblemente boa.
Un respetable Viggo Mortensen protagoniza unha das películas máis "normais" do canadiense, na que o ritmo envólvete dentro da mesma, ata que descubres que rematou. Todo un recital de saber facer cinematográfico no que hai escenas incribles, moi poéticas (ese polvo nas escaleiras...) e que indagan no interior da mente humana, unha das especies animais do máis hijodeputa e complexa, como ben sabe o colega Cronenberg. A violencia, ás veces explícita, como é normal no Cronenberg amante das vísceras do ser humano, é nesta peli máis que nada psicolóxica, ou chámalle como queiras... Trátase da violencia da rutina, do día a día, esa violencia que todo ser humano leva no seu interior, latente e amenazante... A tensión, a mentira, a rutina, o cambio... toda pura violencia...
A compañeira de reparto de Mortensen é a fermosísima María Bello, que aparte de estar como un queixo, actúa moi ben. Outros grandísimos interpretes que participan na peli son, Ed Harris facendo maxistralmente de malo, ou o sempre infravalorado William Hurt, ambos pertencentes á historia do cine con maiúsculas pola súa participación en grandes e históricas pelis.
O guión é solidísimo, e sorprende continuamente a un impresionable espectador, que acaba percibindo as persoaxes como reais. Está baseado no comic de John Wagner e Vince Locke, pero a brillante adaptación é de Josh Olson...
Cronenberg, como Lynch, é ese tio normal na vida que fai cousas raras no seu cine. Cousas realmente extranas, que ademáis son buenísimas.
1 comentario:
E o cabronazo volveu a sorprendernos con "Eastern Promises"(2007), repetindo con Viggo M. e unha fermosísima Naomi Watts.
Todo un peliculón sobre a mafia rusa en Londres (?!) cunha das mellores escenas dos últimos tempos: A pelexa na sauna.
Cronenberg, cada vez máis imprescindible...
Longa vida á nova carne!!!!
Publicar un comentario