Aguirre: A colera de Deus

(Aguirre: Der Zorn Gottes, Werner Herzog, 1973)

A primeira das moitas (e fructíferas) colaboracións entre dous xenios, dous tolos, dous individuos que o daban todo en beneficio da película... Werner Herzog e Klaus Kinski, dous iluminados que chegaron ó límite entre fantasía e realidade con esta peli.
Baseada nas crónicas sobre o infame Lope de Aguirre, conquistador e explorador vasco apodado "o Tolo" (quén mellor que Kinski para o papel...!) conta a busca de El Dorado, cidade mítica inca, a través do amazonas, e o paulatino entolecemento de Aguirre, que empeza a matar a todo dios, e se cre emperador do novo mundo.
Para contar todo esto, Herzog traladou o seu equipo de peludos jipis ás selvas de Perú, onde sufriron o inimaginable. Fame, enfermedades, accidentes, serpes venenosas, e o peor... Klaus Kinski en estado de cólera, créndose Aguirre e cuestionando continuamente a un Herzog que ata pensou en matalo, pero ó final perdonoulle a vida e puido contar con semellante figura da interpretación para a súa película... Un rodaxe que foi, segundo todos os que participaron, un verdadeiro inferno que ríete tú de "Apolcalypse Now", peli coa que "Aguirre..." ten numerosos puntos en común (é evidente que Coppola viu esta peli...)
Como era de esperar Kinski está xenial. Este tipo, actor visceral donde los haya, meteuse no seu papel e xa non saliu máis del. Os extras indios chuparon hostias a mansalva, e ata lle abriu a cabeza a un actor cunha espada!!! e a escena pódese ver perfectamente na peli !!!! A realista escena mostra un saqueo dos españois a un poblado da selva. Os extras tiñan tanta fame que se abalanzaron sobre as frutas que había por ahí, recibindo "a cólera de Kinski" nas súas carnes...Ainda hoxe en dia, os indios acórdanse dese "rubio loco que gritaba" mentres mostran as cicatrices que lles fixo no interesantísimo documental do propio Herzog "Mein Liebster Feind" (1999) baseado na figura do actorazo.
Herzog recréase na natureza amenazante da selva e dalle á peli un ritmo pausado para adentrar ó espectador na película, facendonos sentir como acojonados miembros da expedición, aislados na xungla, e contando o tempo ata que Kinski-Aguirre lle dea por acabar coas nosas insignificantes vidas.
A verdade é que a peli conta con escenas que son a puta hostia... Deixando aparte os paisaxes (que quitan o hipo), as principais están protagonizadas por un Kinski en estado de gracia, mentres Herzog lle daba ordes armado cunha escopeta (non é coña...!!!). A escena final co barco invadido polos monos é dunha beleza escalofriante, e ahí, entre eles está Kinski totalmente metido no seu papel de demente tullido, vengativo e torturado.
Todo isto está musicado con guitarra e mellotrón polo grupo progresivo alemán Popol Vuh (ahhh... os 70's...)
A relación entre Herzog e Kinski, foise jodendo no personal, pero ainda colaboraron en catro pelis máis, conscientes do tandem acojonante que facían... Por certo... Todas absolutas obras mestras: "Woyzeck" (1978), "Nosferatu, fantasma de la noche" (1979), A fodidamente incrible "Fitzcarraldo" (1982) e "Cobra Verde" (1987), onde xa cortaron a súa relación para evitar a morte dalgún dos dous.

Insisto en que vexades "Mein Liebster...", onde podemos saber máis dos míticos rodaxes nos que participaron Herzog e Kinski, e no que se fala sobre este gran e inolvidable actor, e ata se mostran escenas das suas entolecidas obras de teatro, onde prácticamente agredía ó público.

No hay comentarios: