O mago de Oz

(The Wizard of Oz, Victor Fleming, 1939)

Clara apoloxía das drogas coa yonki/alcoholica (e salvaxe) Judy Gardland como protagonista, e que está rodeada de mil anécdotas e lendas sinistras (por exemplo, a que dí que nunha das escenas, ó fondo, pódese observar a un tipo aforcándose nunha árbore, ou a que afirma que poñendo o "Dark side of the Moon" dos Pink Floyd sincronízase á perfección coa peli...).
A verdade é que odio a puta "Over the Rainbow", pero como musical é a hostia de entrañable ver a Dorothy cantando e bailando mentres segue o camiño de baldosas amarelas con esos tipos raros (xa sabedes, o espantallo, o león e o home de hojalata... este último sufriu lesións irreversibles na cara polo maquillaxe tóxico que lle botaron, algo que tamén pasaría con Ace Frehley dos KISS...). De feito, apasióname a atolondrada "We're off to see the Wizard, The Wonderful Wizard of Oz....", un tema moi demencial (e versioneable)
No seu estreno, a peli non foi un éxito precisamente, pero os jipis adoptárona como propia aló polos 60, xa que é evidente que é unha puta viaxe ácida. Quizáis máis sutl que "Alicia no país das Maravillas", pero claramente pro-LSD... Esas cores tan Kischt, esa felicidade... Todo o contrario que esa realidade en branco e negro en Kansas
Os efectos especiais son, como non podía ser de outra forma, mellores que os actuais. As veces maldigo ós ordenadores por permitir que nas pelis de hoxe en día calquera palurdo faga unha chapuza jañán e ainda por riba lle aplaudan. Eu son dos que prefiren a artesanía e non os efectos que se notan a leguas, e que non aguantan o paso do tempo. Todo nesta peli é artesanal (é o ano 39...) e fodidamente ben feito...
Un arduo traballo para crear esta obra fixo pasar a catro grandes directores por ela: Richard "Ivanhoe"Thorpe, George"Costilla de Adán" Cukor,King "Duelo al sol" Vidor ... pero Fleming ("Lo que el Viento..." (39)) aporotou maior cantidade de metraxe final, quedándose co verdadeiro mérito, e de paso facturar dúas pelis espeluznantes no mesmo ano.
Outros directores actuais como David Lynch, obsesionados con "The Wizard...", fan continuas referencias sobre ela nas súas películas (ver "Corazón Salvaxe"(90)...) Definitivamente este mundo de Oz encaixa á perfección cos escuros universos de Lynch!!!
Qué podo dicir...? A mellor película infantil da historia...? Pode ser.

1 comentario:

LiliNcH dijo...

os escuros universos de lilinch??
si..., si...

Me encanto esta pelicula fue la primera pelicula con la q lloré, la verdad es q lloro con todas... hasta con la sirenita xDDD

Yo creo q si es la mejor película infantil, aunq si existiera la del principito, sería esa.