Cry Baby

(John Waters,1990)

John Waters!!!! O acertadamente chamado "O rei do vómito"!!!! Atrás quedaron os anos das desagradables "Pink Flamingos" (1972) (Con Divine comendo merda de can ), "Female Trouble" (1974) (con Divine facendo o papel de señorita, e tamén do fillo de puta que a viola!!!), "Desperate Living" (1977) (con Mink Stole), todas elas películas onde Waters e o seu elenco de super-estrelas intentaron por tódolos medios acabar coa subnormalidade HIppie. E todo esto, por suposto, con bandas sonoras incriblementes boas nas que destacan o Rock and Roll e o Doo Wop...
Nos anos 80, os tempos cambiaron, e o seu cine tamén, volvendose máis comercial, pero sen perder a súa malicia e a súa maravillosa incorrección política. "Cry Baby" é un exemplo desta nova etapa, onde un sempre xenial Johnny Depp fai de "O lágrima", o rockeiro máis rebelde do instituto, membro estrafalaria pandilla (a destacar Iggy Pop e a ex-actriz porno e encantadora Traci Lords...), que se namora dunha pija, confrontándose coa alta sociedade USA, representada pola familia da rapaza (que por suposto sucumbirá ó encanto do prohibido RNR) e polo seu mozo, o típico hitleriano.
Waters non deixa títere con cabeza e fai un musical verdadeiramente divertido e loco. Con tódolos meus respetos a "Grease" (78), esta película non só a parodia violentamente, senón que a deixa a altura da merda no que respecta as súas actuacións musicaise a súa actitude.
Banda sonora impresionante e vestuario fermosísimo, ademáis das clásicas salidas de tono da factoría Waters, que conta cos actores máis freaks de USA (dasafortunadamente xa non están entre nós Divine e David Lochary...), e un guión sen grandes pretensións, que sen embargo, e por ese mesmo motivo é grande, XIGANTE... Gracias a dios, existen tipos como Waters, que arremeten contra a sociedade cando esta se enche de indeseables políticamente correctos, mentireiros, hipócritas, falsos progres, basura... (vaia, hoxe en dia non estamos a vivir ujnha época desas?)
Amigos... Se vos gusta o Rock and Roll, esta é a vosa película.

No hay comentarios: