Pulp Fiction

(Quentin Tarantino, 1994)

Peliculón indudable. Ainda teño tatuado o recordo de vela no cine, e sair querendo ser un elegante gangster mentres sonaba no meu cerebro a mellor música imaxinable e fumar un "Red Apple" (marca de tabaco ficticio que sale en todas as súas pelis).
Cantas anécdotas, cántos detalles, cantas curiosidades... cánta calidade...!!! Un clásico dende que saliu a luz. O seu director, Tarantino, xa sorprendeu a todo dios ca (tamén mítica) "Reservoir dogs" (92), onde tamén se parodiaba e mesturaba todo tipo de estilos, influencias e guiños cinéfilos.
Esta merecida palma de ouro en Cannes é un combinado perfecto de cine negro, cine oriental, blaxploitation, Hawks, Sergio Leone, comedia, etc, etc... na que se entrecruzan tres historias dunha forma narrativamente sorprendente (sempre xogou coa estructura nos seus guións). Diálogos xeniais, cunha amoralidade acojonante, pero fodidamente divertidos (negros e xudios son continuos obxetos de ataque). Interpretacións históricas (O retorno de Travolta, o mellor papel de Samuel L., o sempre xenial Harvey Keitel, a bellísima Uma Thurman, Tim Roth, ese personaxe que fai Christopher Walken, o propio Tarantino... Ata Bruce Willis está soberbio...). Ritmo interno maxistral (o mesmísimo Kubrick era un auténtico fan desta peli polo seu trepidante ritmo) no que a peli pasa sen enterarte, e eso que dura 2h e media!. Violencia estética e divertida (hai cantidade de secuencias...Por exemplo cando lle reventan a cabeza a Marvin sen querer ...). Cada detalle da peli é protagonista, e a maioría das escenas son xa iconos do 7º arte, que avanzou un paso máis gracias a Tarantino.
Por suposto, a peli ten outra protagonista máis: A MÚSICA!!! Dick Dale (alguén me pode dicir uns títulos de créditos mellores que estos, cando sona "Misirlou" a toda hostia?), Kool&Gang ou Dusty Springfield (Quentin, sempre apaixoado pola música negra), Moito surf (de feito, a película asóciase directamente con este estilo de RNR), Link Wray (sorprendentemente non sae na BSO), Country (outra das debilidades de Q., nativo de Tenesee), música actual (Urge Overkill coa xenial versión de "Girl..." de N. Diamond), e por suposto a inmortal obra mestra de Chuck Berry, escrita na súa estancia no caldeiro e titulada "You Never Can Tell", coa que Vincent e Mia bailan un impresionante twist nunha das miñas escenas preferidas da peli...
Ahhh!!! Películas así fanse unha vez cada século... creo que Quentin e cía, poden empezar a chuparse as pollas xa...
En fin... Podería estar horas e horas escribindo sobre esta peli, pero calquera cumplido que lle faga a esta OBRA MESTRA quédase corto, ridículo, diminuto....


Por certo... Alguén sabe que hai dentro do maletín????

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Acaban de sacar unha versión extendida con escenas inéditas, que seguro han ser interesantes...

Por certo, Dusty Springfield é tan branca como a Albión de onde procede.

Unknown dijo...

XD, non podia faltar :)

* dijo...

pero recoñecerás que a súa música é nejra, nejrirma...
"The son of..." é puro soul, colega anónimo... demasiado soul pa ser branca. E sobre todo, demasiado pa ser injlesa.

Devezo por facerme con esa versión extendida que comentas. Non quero nin pensar nas escenas que non entraron na montaxe final.

LiliNcH dijo...

si, muy buena e imprescindibel en un siti como este, eghsteee...

Anónimo dijo...

A miña preferida d lonxe. A mellor película da puta historia despois de "liberad a willy 5 i 1/3: el retorno de la colledora asasina", fóra caralladas, seica hai varias páxinas q tratan o tema do q hai no maletín q polo - a min convcéncenme.

LiliNcH dijo...

voy a hacer una pregunta siguiendo mi linea de "toca-we"


si le vuelan la cabeza a Marvin... ¿pq cuando meten la bolsa en el maletero la tiene entera?(la cabeza xD)

y en el maletín fijo q hay una bombilla :D

* dijo...

é unha boa pregunta... ¿qué eres... o vendedor de comics dos simpsons...?
Seguindo con pijadas sen importancia deste tipo...
Por poñer 1:
Fíjácheste que cando Vincent se mete un chute,o fai cunha geringuilla de cristal e despois convírtese nunha de plástico...???

Son menudencias que fan ainda máis atractiva a peli...

Con respecto á maleta, asegúroche que non hai unha bombilla...

LiliNcH dijo...

pq? tu lo viste??

Tarantino dice: "lo que hay en el maletín es lo que cada cual piensa que hay. Eso es lo que hay en el maletín".

yo pienso q es una bombilla o en su defecto velas...

pero bueno ya se sabe q los religiosos intentan buscar esos "símbolos" en todas partes. ;/

no creerás en serio q está el alma de Marcelus Wallace... o si?