Cadea Perpetua
(The Shawshank Redemption, Frank Darabont, 1994)
Emotiva película pertencente ó xénero carcelario, baseada nun relato de Stephen King, e dirixida de puta madre polo xenial guionista, Frank Darabont, que voltaría a este xénero coa tamén tremenda ( e sospeitosamente similar) "A Milla verde" (99).
Tim Robbins (Andy) é un condenado a doble cadea perpetua polo asasinato da súa muller e o seu amante. Cando chega á prisión de Shawshank, descubre o verdadeiro terror... saber que eres inocente e ter que foderte, gardas hijosdeputa, sodomitas acosadores, e un alcaide malíiiiiisimo...
Pero tamén atopará a amizade de Morgan Freeman (Red), un negro que pasou casi toda a súa vida entre reixas, e que non sabería adaptarse fóra, e sobre todo, descubrirá que Rita Hayworth é unha excelente via de escape se estás encerrado nunha diminuta celda no caldeiro...
O guión é maxistral (a última media hora é do mellor do cine actual), as interpretacións, non che digo nada (Oscar a Freeman), e tanto a foto, como a banda sonora son de poñer os pelos de punta.
Unha peli, que pese a fracasar nas pantallas no seu dia (!!!???), triunfou paulatinamente gracias ó consumidor de cine doméstico (DVD,VHS...), e hoxe en día é un clásico indiscutible, do que beben todas as produccións posteriores que teñen algo que ver co xénero...
Unha peli que sorprende (ó final, excitado, non podes evitar sentir que pode existir a xusticia), emociona (é unha desas pelis que rozan a cursilería, pero no bó sentido...), e o que é máis importante: Entretén!... Carallo se o fai...!! Non podes nin apartar a vista da pantalla durante as cortísimas (iso parecen) dúas horas e pico de proxección!. Bendito sexa o cine!!!!
Unha peli optimista. Un canto á vida e á esperanza... Un sentido homenaxe á amizade... Un glorioso poema sobre a liberdade...
En fin... Se non a vistes ainda, védea. Se a vistes, védea outra vez, facédevos ese gran favor...
1 comentario:
sí señor... xenial peli, na que me dou un non sei que... de claustrofobia... o ver como se deslizaba por unha tubería de menos de 50 cm de diámetro chea de merda (merda no seu sentido verdadeiro)... e mola como lla xoja ó alkaide jajajajaja...que crack.
Publicar un comentario