Missing

(Constantin Costa-Gavras, 1982)
Unha das pelis máis emotivas e ben feitas sobre o que o fillo de puta de Pinochet, e por extensión, todos os da súa calaña, armaron en America do Sur, facendo desaparecer xente, torturando, violando, executando e cometendo todo tipo de animaladas en ben das ideas máis rancias, e sobre todo, en ben do seu puto bolsillo, enchido polos fodidos estados unidos. E todo con total impunidade.
A peli, feita en Hollywood, raja sobre toda esa merda, e ten os güevos de afirmar que os que estiveron detrás do golpes de estado (como demostrou a historia) foron a CIA e outras axencias mafioso-terroristas, que apoiaron a dictadores bananeros e psicópatas.
Por suposto, unha boa peli non se pode quedar nun asqueroso panfleto, por moi noble que este sexa, e por eso cóntase unha bonita historia de amor (en forma de flashbacks) entre Sissy Spaeck e o seu mozo (John Shea), un rojillo que acaba desaparecendo por moi americano que sexa. Unha vez que pasa eso, o pai do mozo, o grandísimo Jack Lemmon (DIOS, que gran actorrrr!!!), que interpreta a un republicano de clase media americana, viaxará a Chile para investigar o que pasou. Por un lado descubrirá que os USA non son ese pais tan guay no que tanto confiaba, e por outro, coñecerá mellor a súa nora, descubrindo que teñen máis cousas en común do que a asquerosa política podería separalos.
Tanto Lemmon como Spaeck están inmaculados na súas interpretacións, e en máis de unha ocasión póñenseche os pelos de punta.
Guión espectacular e ambientación acojonante... Quizáis empalaga un pouco o estilo obsoleto da música de Vangelis... pero pa gustos colores.
Gavras, sempre comprometido, toma un caso real, e a partir de ahí crea esta fascinante obra, que nos introduce nos infernos dunha das dictaduras máis vergonzosas da historia. Deixando a un lado ese mensaxe tan obvio, a película, ademáis de entreter, emocionar, e manterte en vilo, consegue ensinar unha lección de historia con maiúsculas. Costa-Gavras demostra o gran director de cine político, e excelente historiador que está feito.
Todo un luxo de película que vos recomendo que vexades en versión orixinal, porque o doblaxe en español é a cousa máis horrorosa que te poidas imaxinar (qué coño pasa coas dobladoras españolas de Sissy Spaeck???), algo que por outra parte, é aplicable a tódalas películas desta precaria liasta.

No hay comentarios: