O clube da loita
(Fight Club, David Fincher, 1999)
Estamos a falar dun dos directores máis interesantes dos últimos tempos... David Fincher... O tío que creou obras mestras como a escalofriante "Seven" (95), a excelente "The Game" (97) ou a grandiosa "Zodiac" (2006), todas impecables, psicolóxicamente aterradoras, ben feitas e deudoras do mellor cine de Hitchcock, Kubrick e Welles.
Finalmente, decanteime por "Fight Club", que pese a parecer en algúns momentos un fodido videoclip, ten unha posta en escena perfecta, e ten unha historia (ainda que ás veces non o pareza) que da moito que pensar... Non hai que olvidar que a peli está baseada na excelente novela de Chuck Palahniuk, que describe a perfección a situación existencial que vivimos neste fodido e incerto milenio de los cojones.
A Peli conta cun dos mellores actores da actual escena jolibudiense, o gran Edward Norton, herdeiro natural de monstros como deNiro ou Brando (fai uns anos xuntáronse os tres na decepcionante "The Score", 2001) , e co guapito de cara Brad Pitt, que cumple dignamente o seu cometido sorprendéndonos co seu carismático papel, pese a que a veces pode resultar cargante ensinando musculito e dicindo frases tontas e pedantes.
Ambos, levan o peso narrativo dunha peli estrana, casi irreal, e moderna (a ver se aguanta o paso dos anos...), a cabalo entre o videoclip, o noir, a videocreación e o cine experimental, que flipará a todo aquel que non a vira polo seu estupendo final (sí... ese no que sona a fermosa "Were is my mind" dos Pixies...). O seu ritmo atolondrado non toca os güevos, e provoca unha tensión no espectador (polo menos en mín) que te mantén en vilo ata o citado desenlace (a verdade é que os finais de Fincher non teñen desperdicio ningún... Insisto en "Se7en" e "The Game"...)
Unha peli que non deixa indiferente: ou a amas ou a odias. Orixinal e sorprendente, salvaxe, inquietante, violenta, casi fascista, intelixente, axfisiante ás veces, e paradóxicamente, verídica... No fondo, é un retrato de nós mesmos, e da nosa ansia por consumir merdas que non precisamos, de non vivir como queremos, de non ser nós mesmos, ou de non saber quén coño somos... É unha gran (e fermosa) hostia na nosa cara. Un verdadeiro insulto á nosa existencia.
DE PUTA MADRE!!!
Por certo... Acabo de incumplir as dúas primeiras reglas do clube...
3 comentarios:
Pois si, pois si... gran película, que moitos toman por un pim-pam-pum de jólibu e desterran do seu exquisito gusto. Por certo, hai tempo que non a vexo e non sei se, como dis, perderá co paso do tempo.
Por outra parte, é un exemplo de que ás veces a peli pode molar máis que o libro, porque os dous están bastante á par pero a peli e máis brillante e ten un final bastante máis caralludo.
Saúdos.
s
í
s
í
... fáltame a de zodiac...ala vou emula.
Gran peli
Gran director
Publicar un comentario