Rocky Horror Picture Show

(Jim Sharman, 1975)

Sexo, ciencia ficción e rock and roll feito por e para freaks...
Unha película que foi (lóxicamente) marxinada polo gran público. Pero que co tempo acadou o estatus de película de culto. Unha película que cada fin de semana congrega a miles da fans nas portas de cines underground de medio mundo (Incluída España!!!), que, vestidos como as excéntricas persoaxes que dan vida ós transilvanos, actúan, fan coreografías, interactúan, din os diálogos ó unísono e tolean con cada unha das fabulosas cancións que sonan a medida que avanza a metraxe da sesión golfa.
Como dí o lema da película, todo un canto á liberdade: "Deixa de soñalo e víveo...!"
Esta mítica película musical conta a historia dun histriónico alien travestí cunha fabulosa voz para rockanrolear (Frank-N-Furter), a medio camiño entre un New York Dolls e Marlene Dietrich, que vive nunha congregación do máis peculiar, un castillo onde o sexo, as drogas e o Rock and Roll están á orde do día. Ademáis, o glamuroso extraterrestre, é un científico tolo que está últimando a súa creación: o home perfecto (Rocky), cando dous inocentes rapaces (Sarandon e Bostwick) chegan a ese lugar nunha escura noite para resgardarse da tormenta.
Como vedes, a pelí é un pastiche cargado de guiños e homenaxes ás películas da RKO e da Universal, ademáis de a todo o rock and roll (en especial ó Glam) e ós comics dos anos 50-60. Toda unha delicia da cultura Pop para disfrute de mentes depravadas como as nosas.
Boísimos actores: Tim Curry facendo do inolvidable Frank'n'Furter (qué coño fai ese tio hoxe en día? Parece gilipollas desperdiciando o seu talento en bodrios de terceira división!!), Susan Sarandon nos comezos da súa xenial traxectoria, Meat Loaf facendo do rockeiro máis salvaxe do celuloide e interpretando unha das mellores cancións do film, Richard O'Brien facendo do fantástico maiordomo Riff Raff... etcétera. etcétera...
Un guión absolutamente tolo e divertidísimo, cancións pegañentas (conseguide a BSO, non ten desperdicio...), un tono salvaxe e depravado, pasadísimo de rosca...
Se algunha vez vos cadra de ter un par de horas libres, facédevos un favor e vede esta película. E a ser posible, maquillados, travestidos, armados con pistolas de auga, e entrándolle a quen teñades ó lado. (Os puristas recoméndana en pantalla grande, xa que consideran vela en video como masturbación.)

No hay comentarios: