Deliverance
(John Boorman, 1972)
Todos recordamos películas tan incribles como "Excalibur" (81), "A selva esmeralda" (85) ou "Esperanza e Gloria" (87), todas elas facturadas por este inglés amante da natureza, artista xenial e honesto cineasta, que aproveita sempre que pode para expresarse mediante símbolos metáforas como o río, a auga... ou temáticas como a loita natureza-home ou a amenaza do progreso.
E con "Deliverance", a súa obra máis personal e sorprendente, leva esta iconografía aos máximos extremos de eficacia. Unha complexa e violenta obra que indaga no máis primitivo do ser humano e na súa eterna loita contra a natureza.
Catro amigos deciden pasar un fin de semana cruzando en canoa as agrestes augas dun rio do sur dos USA, tratando de desconectar da estresante vida da cidade. Todo o principio é xenial, onde podemos disfrutar de bucólicas paisaxes, camaradería e sobre todo, dunha das cancións máis maravillosas da historia do celuloide. Estoume referindo, por suposto, a "Dueling Banjos", unha obra mestra da música, que na película serve de nexo entre a cidade (que encarna o urbanita que toca a guitarra) e o máis profundo rural (representado por ese tipo tan extraño que toca o banjo, prototipo de ese sureños que se casan coas súas irmáns). Gran canción que nos acompaña toda a película resonandonos nos miolos e enchendo de matices o que estamos a ver.
Pero as augas vánse facendo máis turbias a medida que avanza o río, e acabará estoupando a violencia na que, para mín, é unha das escenas máis violentas da historia do cine (se a vistes, sabedes a cal me refiro... Joder, tio...! Nunca unha escena tivo tanta crudeza e realismo, e dou tan mal rollo como esa...!)
A partir de ahí, todo se jode, e os tios terán que aprender a sobrevivir nun entorno hostil, fronte as máis chungas adversidades. Todo se volve oscuro e chungo, tanto para eles como para o espectador. O suspense, e a inquedanza apodérase de nós, que ó final nos damos conta do hijoputa que pode chegar a ser a nosa especie. Grandes escenas de acción
Grandes actores (John Voight que se sale do mapa, Burt Reynolds nunha das súas mellores interpretacións, Ned Beatty e Ronnie Cox) que sacarán adiante esta película oscura, tensa e incluso terrorífica, que moitas veces recorda a "Cans de palla" de Peckimpah, ou mesmo a "Matanza de Texas" de Hooper.
No hay comentarios:
Publicar un comentario