Cantando baixo a choiva

(Singin' in the Rain, Stanley Donen e Gene Kelly, 1952)

Cando penso nesta peli, penso en dúas das secuencias imprescindibles da historia do cine: Penso en Gene Kelly jabeando por unha farola, totalmente drogado de amor, mentres chove a cántaros por el mentres canta esa magnífica canción; e penso na pandilla da Naranxa Mecánica dándolle de hostias ó personal mentres cantan esa mesma puta canción...!
Como vedes Kubrick homenaxea, como é natural nun tío da súa intelixencia e sensibilidade, a esta obra mestra inigualable, cumbre do musical, e homenaxe en sí mesmo aos vellos musicais da Metro, que naceron co cine sonoro, precisamente como ben se amosa argumento da peli que estamos a tratar... Eses anos onde o cine dou un paso revolucionario.
Como musical, é espectacular, qué duda cabe..., e hai uns bailes que te poden deixar parvo, con Kelly como xenio-protagonista absoluto. Xamáis esquecerei ao bó de Gene andando (literalmente) polas paredes como Spiderman mentres cantaba a grandiosamente divertida "Make'em Laugh"...
Todo na peli ten bó rollo... Esas cancións (por suposto, todos coñecemos a principal... Pero tamén están "Good Morning" ou "Moses"...), Cyd Charrise, o bó humor (sen ñoñerías, pese ó que poida parecer...), un guión sólido, fresco, alegre, divertido, entretido..., un equipo de dirección en estado de gracia (Donen é u fenómeno), os números de baile (Kelly, é un puto animal da danza)...
En fín... Se tedes un mal día, se estades deprimidos, se vos sentides unha puta merda pinchada nun pao, esta película é a fodida solución para os vosos problemas, asegúrovolo...

3 comentarios:

Unknown dijo...

xDD... bo clásico... pero non vexo por ningún lado 12 Monos... xDDD

* dijo...

Losiento, macho...!
non creo que teña un jueco pa ela...!!
Gillian xa está representado con "Miedo y asco...", e non podo poñer toddas as súas pelis (ainda que me molaría, especialmente, "12 m", "Brazil", ou a súa última obra mestra: "Tideland", ou ata o documental sobre un rodaxe seu que foi ó carallo "Lost in La Mancha"...)
Non hai sitio, pero tá claro que había que poñela...

Unknown dijo...

jajajaja... xa, sería como poñer o golpe e 2 homes e un destino... xD