O Muro
(Pink Floyd: The Wall, Alan Parker, 1982)
En decembro de 1979, os Pink Floyd sacarían outra perla ó mercado: O seu deprimente e fantástico album conceptual "O Muro". 81 minutos de música jodidamente boa perpetrada por ese xenio chamado Roger Waters, que nos relata a complexa existencia de Pink, unha estrela de rock, alter ego do propio Waters, que vai poñendo os seus traumas como ladrillos, formando un muro que o ailla do mundo exterior.
Pouco despois de sacar o disco, uns cada vez máis distanciados Pink Floyd, saíron de xira en catro ou cinco cidades, cun espectáculo mastodóntico, onde había marionetas, animacións do xenial Gerald Scarfe, e un muro xigante que acabaría caendo ó final do espectáculo ("The Trial"). Tanto montaxe deu lugar a importantes perdas económicas para o grupo, que se pasou da raia.
Anos despois, e cun guión do propio Waters, a Metro decidiu levar a cabo a versión cinematográfica destes espectáculos (sen dúbida, o feito de que o album "The Wall" fose o 3º máis vendido da historia, axudaría un pouquiño a sacar adiante un proxecto tan depresivo e intimista...)
Tras moitas negociacións, encargouselle a dirección a Alan Parker ("Expreso de Medianoite" (1978), "Birdy" (1984), "O corazón do Anxo " (1987), "The Commitments" (1991)...), e a interpretación, ao marulán de Bob Geldof. Nun principio, o prota ía ser o propio Waters, pero, o ver que a interpretación non era precisamente o seu fuerte, cedeu un pouco, e deixando a un lado o seu inconmesurable ego, permitiulle o irlandés encarnar a Pink (moi ben, por certo...)
A peli, como imaxinaredes, non tivo un rodaxe agradable. Loitas de egos entre Parker e Waters, relacións tirantes entre Waters e o resto dos Floyd, Geldof actuando como un Punk que odia aos Pink Floyd... Pero finalmente, levouse a cabo, ainda que todo se podía vir abaixo nun plis-plas...
Hai anécdotas para dar y tomar... Unha delas é a das esceas nas que un grupo de neonazis seguidores de Pink causa o pánico entre a población. Para darlle realismo, Parker tivo a xenial idea de utilizar skinheads de verdade, e os rapaces pasárono en grande destrozando tendas pakistaníes e apaleando nejros. Como dixo o director: "...Ás veces, cando gritaba "corten", a escena parecía seguir..."... Así se explica o incrible ( e repugnantre) realismo das imaxes...
Todo é oscuridade e violencia nesta peli... Aínda me acordo do trauma infantil de ver como unhas máquinas facían carne picada cos rapaces na escola mentres estes coreaban os versos de "Another Brick on The Wall, Part2", e como finalmente, se rebelan e queiman a escola, os libros e o puto profesor...
As animacións de Scarfe son incribles, Geldof non a caga coa súa imitación de Syd Barrett, a peli consegue chegar á esencia do disco, e todo está tecnicamente impecable... Nun principio, non tivo éxito... Nalgún país ata foi censurada (En Arxentina, por exemplo, durou unha semana, ainda que neses tempos, o país non era precisamente un lugar de libertaz...), pero coa súa edición en video e DVD, acadou un éxito acojonante, e converteuse nunha peli de culto adiantada ó seu tempo...
Para os que amamos este disco, a peli non defrauda, e de vez en cando e agradable (?) vela outra vez, adentrándose nas turbias atmósferas creadas por Waters.
2 comentarios:
Clasicazo o muro de floid...aínda antonte nun bar vin por primeira vez o videoclip da canción que nunca vira...Saúdos.
supoño que te refires ao de "Another Brick... part II"...
Pois sí tío... Ver ese video con 6 ou 7 anos marcoume profundamente, macho...
Bonita canción, fermosa peli, acojonante disco!!!
Publicar un comentario