O Tolo de Pelo Roxo
(Lust for Life, Vincent Minelli, 1956)
Van Gogh... Poderíase falar del largo e tendido... Un incomprendido (comprendido demasiado tarde), un tolo, un xenio, un rebelde, un RNR star... Calquera adxetivo valería para definir a este primeiro 'rara avis' comercial da arte contemporánea, a este monstruo que non se comeu nada en vida e idolatrado un século e pico despois de morto... Ainda hoxe non se sabe ben cánto influiu este tipo nas artes plásticas occidentais, pero aposto un güevo a que se pejaría un tiro outra vez se supera en cánto se cotizan as súas impresionantes obras...
Pero deixemos a pintura a un lado, e falemos de cine...
Minelli faille un homenaxe en cinemascope a Vincent neste largometraxe maxistral, que pretende ser un biopic baseado no fabuloso "cartas a Theo" do propio artista, e de algunha crónica máis. Representando o mundillo artístico da época, podemos achegarnos a esa figura da historia, de forma moi parecida a como fixo un par de anos antes John Huston en "Molin Rouge", na que se conta a desgraciada historia do anano, drojadicto, xenio e coxo Toulouse Lautrec
O certo é que un personaxe como Van Gogh, é demasiado complexo para facer unha peli de Jólibu dos 50, pero hai que recoñecer que Minelli o borda (axudado, como non, por esa bestia da natureza que é Kirk Douglas)... O seu amor polos cadros do xenio é evidente, e conta unha historia ben contada, documentada, bonita, e sen as falsedades históricas propias da rancia industria deses anos.
A toda cor, se pode percibir a maravilla dos cadros deste tipo, así como a dos seus contemporáneos (os de Gauguín, interpretado polo xenial Anthony Quinn (Oscar mellor secundario), de Seurat, de Monet...), pintura exposta como se dunha sinfonía se tratase (lembremos que Minelli ven do musical...), axudado, cómo non, pola partitura de Miklos Rozsa, mercenario musical da Metro, e polos impresionantes exteriores reais onde viviu o pintor (algo raro en Minelli, sempre rodando en estudio...).
As interpretacións son escalofriantes, sobre todo a de Kirk Douglas, un tío que ainda estaba máis tolo que Van Gogh, e que
chegaba a darlle unha intensidade á personaxe, que te deixaba cos pelos de punta. Todos coñecemos as obras mestras nas que participou, así que reivindicar a este gran home (ainda vivo...) é unha absoluta estupidez.
Mellor vou pechar cunha cita do gran Billy Wilder sobre Kirk Douglas:
Cando en 1958 Stanley Kramer quixo rodar "The Defiant Ones" (Fuxitivos, onde un branco e un nejro encadenados fuxen xuntos do cárcere), e lle presentou o guión a Robert Mitchum, este dixo:
-Non penso actuar cun nejro...
Marlon Brando leu o libro e dixo:
-Quero formar parte, só se interpreto ao nejro.
E Kirk Douglas, a quen Kramer tamén lle dou a ler o libro, contestou:
-Sí. Acepto. Cunha pequena condición: Quero interpretar os dous papeis...
Viva Douglas... Viva Minelli... Viva Van Gogh...!!!!
1 comentario:
xDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDD
Publicar un comentario