Depredador

(Predator, John McTiernan, 1987)

Acción trepidante USA??? Schwarzenegger??? Bichos do espacio???? Si... Seino... A priori non sona moi ben, pero unha vez vista esta película, non podemos máis que quitarnos o sombreiro, pois é unha das grandes películas de tódolos tempos... Repito... Unha das grandes películas de tódolos putos tempos...!!!! Vale que Arnold non é precisamente Lawrence Olivier, pero para facer o papel de bruto mercenario pegando tiros no medio da selva tampouco hai que estudiar con Stanislavsky... Ademáis, o tipejo solía escoller boas películas nas que traballar como "Conan the Barbarian" (J. MiIlius, 82), "The Terminator" (J. Cameron, 84) ou "Last Action Hero"(O propio McTiernan, 93) antes da súa arrepiante incursión no mundo da política (xa o vexo de presidente), así que merece tódolos meus respetos.
Pero o que mola da peli non é Schwarzy, nin moito menos, senón o incríblemente ben rodada que está...
A excelente música de Alan Silvestri nos acompaña polo impresionante despliegue narrativo e plástico que orquesta McTiernan, dándolle unha tensión espectacular, e transportándonos ó medio da selva, onde unha estrana amenaza nos rodea. O guión (parco) é excelente. A penas sobra nin falta nada... O elenco, composto por uns tios que parecen os Village Pipol en Vietnam, é maxistral, pois todos e cada un dos soldaditos que compoñen a compañía son entrañables...E por suposto, o deseño do bicho (made in Stan Winston) pasará a historia do cine como icono indiscutible, e por estar claramente influenciado por unha centola ou nécora con mala hostia.
McTiernan non escatima en demostrar o seu oficio en secuencias antolóxicas, e confírmase como algo que moi pouca xente sabe: É un dos grandes cineastas de Hollywood. Domina o cine de acción (xénero vapuleado e humillado) como ninguén. Mírese se non a nunca suficientemente valorada "Die Hard, A xungla de cristal" (1988), outra xoia do cine...
Un dos grandes, pese a quén lle pese, tanto para a industria como para a arte. E todo gracias en parte a esta película, a súa segunda obra, na que xa apuntaba como mestre.
De tódolos xeitos, con "Predator" abriuse unha saga que, na miña opinión, nunca se debeu continuar, con secuelas bastante prescindibles, pero, Qué carallo!!! Ese entrañable bicho merece unha estrela en Hollywood, xusto ó lado da de Arnold... Unha das grandes parexas do cine!!!!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Por fin este listado empeza a coller traza. Pro seguen faltando clasicos como el mexicano, transporter, vanhelsin.....

Espero que os esteas jardando para o final XDDDDDDDDDDD

Unknown dijo...

xDDDDDDDD... depredador salese :)