Rebelde sen Causa

(Rebel without a cause, Nicholas Ray, 1955)

Mítica película por moitos motivos, pero o principal é que conta coa presencia dun dos grandes da súa xeración (Brando, Clift, McQueen, Newman... Os mellores actores xamais xuntados???) que como todos sabemos, viviu deprisa, morreu novo e deixou un bonito cadaver, converténdose automáticamente nun ser inmortal... Estou a falar do gran Jimmy Dean, un tio que coa súa hostia no coche, pouco antes do estreno desta peli (a segunda das tres que rodou) se converteu no símbolo de America, como Marilyn ou a Coca-cola...
...Nada máis lonxe da realidade, pois o actor era un individuo inseguro e confuso (como Clift), un individuo desorientado que non encaixaba na hipócrita sociedade... pa canto máis en Hollywood! Se logrou triunfar nese mundo, non foi pola súa curta estatura, as súas gafas de cú de vaso, nen a súa roupa chea de merda, senón pola súa presencia case divina, e a súa maxistral forma de actuar.
Precisamente, o papel de Jim Stark, o pandilleiro protagonista da peli, íalle a perfección, pois encarnou a un adolescente inadaptado e perdido, con problemillas, pero cunha mala hostia que o facía non dudar en sacar unha navalla a quen se pasara de listo... Esa mestura entre Monty Clift e o Marlon Brando de "The Wild One" (53) era evidente. Nunca negou esas influencias, ademáis da de (por suposto) Elvis Presley... Pero Jimmy facíao con verdadeira entrega, dando unha sensación de autenticidade nas súas persoaxes (Tanto encarnado a Jim Stark, como a Carl Trask en "Ó este do Edén" (55), outro cumio da civilización universal...) que o facían ser o mellor, o máis carismático...
Jim Stark... Ese era Jimmy, e por iso, a interpretación foi sencillamente perfecta... Só hai que recordar, por exemplo, a escena na comisaría, onde partiu dous dedos na man dándolle de hostias á parede... Escalofriante...! A verdade é que non imaxino ó mamón de Matt Damon facendo ese sacrificio por unha boa interpretación, en favor do séptimo arte.
A súa carismática presencia (os baixiños, é o que temos...) e o evidente oficio de Ray, xunto co pedazo de equipo que se xuntou (Sal Mineo, Natalie Wood, Dennis Hopper...) deron como resultado esta estremecedora historia de inadaptación adolescente, unha historia sensible, que non sensibleira, sincera e sobre todo, rockanroleira... Pese a que non se oe un puto acorde de guitarra en toda a peli, rezuma RNR polos catro costados...!!!
Podería falar longo e tendido de Dean, desta e das outras dúas pelis, de miles de anécdotas (como a de bañar a Natalie Wood desnuda nunha bañeira de Champán...), das súas fobias, das súas bromas telefónicas, da súa obsesión por Elvis e Manolete, da súa pasión por tocar os Bongos e sacar fotos maxistrais, do seu gusto pola marihuana e o sadomasoquismo... Pero ocuparía demasiado espacio... Son un mitómano, pero tamén son un vago...!
Sempre o terei nun altar, como un dos mellores... O seu éxito durou un ano e pico... Despois, abandonou este mundo para ser recordado eternamente como ese mozo de vaqueiros, chupa vermella, mala hostia e tupé, que sobreactuaba magníficamente ben.

2 comentarios:

Unknown dijo...

Home, non podia faltar a pelikula do aktor ke fixo tantas pelis antes de morrer jajajajaja... weno... por certo... a mostra esa na kasa da kultura kando è? a ke hora? e por onde se entra pa vela?... pq fun por ali...e komo se estivera todo pechao... xDD...ala, kon dios.

* dijo...

no,
MAL

a "mostra" é no centro comarcal,
ese sitio que non vale pa nada que está ó lado da pisciina climatizada!!!

o horario é surrealista... creo que dJe 10 a 2 e de 4 a 6...(!!???!!!)

VAITE...
James Dean te lo agradecerÁ.