Desafio Total
(Total Recall, Paul Verhoeven, 1990)
Maravillosa película, sí señor... Schwarzie, pese a súa habitual e penosa interpretación, volveu a coller un papel dos que marcan historia. Nada menos que de protagonista desta futurista historia baseada nun conto de Philip K. Dick ("Blade Runner", "Minority Report"...), onde un complexo e apaixoante guión se mesturan coa mala hostia, humor malicioso e acidez do cine de Verhoeven ("Os Señores do Aceiro", "Robocop", "Instinto Básico"...), cheo de divertida violencia, mordaz crítica social, e un certo estilo desquiciado que só un holandés pode rodar.
O bruto de Arnold cumple no seu papel (sobre todo cando se lle incha a cabeza ou lle dan patadas nos güevos). A cada vez máis cachonda Sharon Stone interpreta á muller de Arnold, sendo o papel máis ambiguo e complexo da súa irregular carreira, e secundarios de luxo partcicipan na peli, dende o nicholsoniano Michael Ironside (imposible que este tío consiga facer de bó algún día...), ata un clon de Jordi Pujol ou a famosa tia das tres tetas.
Evidentemente, a peli é unha xoia de maquillaxe e efectos especiais (foi a peli máis cara na súa época), e mesmo foi a única nominada ós oscar ós mellores FX dese ano, porque non tiña rival... Por suposto, gañou.
Pero o importante é que se convertiu nun puto mito... Nun clásico indiscutible dende o seu estreno alá polos lonxanos 90's... Non estamos falar dunha mierda pinchada nun pao de Michael Bay, senón dun interesantísimo proxecto que xa pretendeu dirixir xente como Cronemberg, e que indaga no máis profundo da natureza humana, reflexionando sobre a existencia, a realidade e moitos temas que contados por outro serían un auténtico coñazo, pero da man deste equipo deu lugar a un señor peliculón... Por suposto, foi un exitazo en crítica e taquilla (vaia...! Eses dous gilipollas puxeronse de acordo por unha puta vez...!) Con dicir que a súa banda sonora é coñecida polo 96,4% dos españois, xa volo digo todo...
2 comentarios:
buff... terriblemente xenial esta peli, klasika peli ke se a poñen na tele, ainda ke a viras 20 veces vela de novo...ainda ke só sexa pa ver komo se kita o chip pola nacha xD...
si, tío...
Esa escena traumatizoume, pero nunca me canso de vela.
Publicar un comentario