Granujas a todo ritmo
(The Blues Brothers, John Landis, 1980)
...E tanto que lla rendiron... Os Blues Brothers naceron como un simple gag no mítico programa "Saturday Night Live", pero a cousa foiselles das mans... Tiña tan boa calidade e eran tan carismáticos, que os personaxes de Dan Aykroyd e John Belushi -Elwood e Jake - cobraron vida propia, necesitados de nada menos que unha peli para eles sós onde lucir o seu traxe estilo gintonics.
"A nosa idea era rendir unha homenaxe á música negra americana..."
Dan Aykroyd
E vaia peli! Flipantemente divertida, con secundarios de luxo, e sobre todo... Xa sabedes... Esa banda sonora tan jodidamente boa, na que Jake e Elwood encarnan a unha das mellores bandas de soul, blues e rythm & blues de tódolos tempos (con nada menos que Steve Cropper á guitarra , Donald "Duck" Dunn ó baixo, etc...). Ambos precisan tocar para conseguir unhas pelillas con caracter solidario.
Record de coches destrozados, policías gilipollas, nazis humillados, extras enloquecidos e grandes nomes da música reunidos nesta trepidante e absurda película: Un impagable James Brown facendo de cura!!!! Ray Charles facendo de cego!!! Aretha Franklin facendo de taberneira!!!!!! John Lee Hooker!!! Carrie Fisher!!!!
Mítica, realmente mítica...
John Landis ("Desmadre á americana" (78) -tamén con Belushi-, ou "An American Werewolf In London", 1981) da renda solta ó entretemento máis xenuino, levando a batuta de semellante proxecto, e proporcionándonos os números musicais máis incribles da historia do celuloide. Ademáis, son unhas risas pois este tipo domina a comedia á perfección...
Tampouco o tivo que currar moito, pois contou coa inestimable axuda dun, por aqueles tempos gran cocainómano, Dan Aykroyd; e dun, por aqueles tempos, gran consumidor de todo, John Belushi... Coa personalidade carismática de ambos, o seu talento innato como comediantes e o seu sorprendente bagaje musical (catedráticos en RNR, soul e blues...Dan tiraba polo Jazz, e John polo Punk) chegaron realmente lonxe... Máis lonxe do que nunca soñaron, pero menos do que mereceron.
Musical emocionante polo que ten de histórico, e por contar nas súas filas con ese John Belushi, unha lenda á altura de James Dean, un mito dos "prematuros fiambres" que palmaría dous anos despois dunha sobredosis de cocaína e heroína, na súa entolecida, e comprensible busca por atopar a autodestrucción.
...A súa vida foi curta, pero aqui nos quedaron as súas fantásticas interpretacións, como por exemplo, á desta inmensa película...
"Non penso ter ningún tipo de consideración co meu corpo"
John Belushi.
No hay comentarios:
Publicar un comentario