Os Commitments

(The Commitments, Alan Parker, 1991)


Única e irrepetible película sobre cómo se monta unha banda de música, xa sexa de Rock and Roll, Heavy Metal, ou como neste caso, o Soul, esa maravillosa música que tantos orgasmos (literalmente) me proporcionou na miña vida.
Con actores amateurs (salvo dúas excepcións: Bronagh Gallagher e Colm Meany), Alan Parker conta dun xeito costumbrista e cercano, a formación dunha banda de soul nun Dublín empobrecido dos anos 80, onde as ilusións son o que leva as persoaxes a crear beleza, fuxindo da sórdida vida cotiá (impagables moitos dos diálogos nos que se reflexiona sobre estes temas como ¿por que estás nun grupo...?.
Os músicos aficionados irán loitando contra os seus problemas e obstáculos, acadando tocar en directo nos lugares máis típicamente irlandeses que te poidas imaxinar, e levando adiante a súa simpática banda de soul.
E menuda banda! Os habituais conflictos que xurden cando se xuntan varias personas para facer colectivamente algo bonito son tratados aquí con ollo crítico, con humor, con delicadeza e cunha mala hostia que se agradece.
Ademáis é unha auténtica homenaxe á música en xeral (a peli está cargada de guiños para melómanos), e en concreto á música negra por excelencia, que fala de temas tan cercanos que son universais, tanto en Detroit, como en Memphis, Dublín ou a Fontestrei... Esa música que interpretan ese plantel de maravillosos actores e músicos amateur que vibran e fan vibrar a pesar da súa insignificancia...
Como dí o protagonista, citando ó xenial James Brown: "Os irlandeses somos o negros de Europa, así que decídeo, e decídeo ben forte: Son Negro e estou orgulloso!!!"
A película fala esencialmente de música, pero retrata de puta madre a situación jodida que se viviu neses anos pre-europa en Irlanda, sen caer no progresismo coñazo e a falsa crítica barata que fai algún director británico, ademáis de non facer inútiles alardes técnicos propios de Parker ("O expreso de medianoite", "The Wall"...)
Osea, que en resumen, esta fantástica peli mestura un amor pola música acojonante, un guión realmente bó, e unha banda sonora de versións, que como comprenderedes, non chega ó nivel das orixinais, pero recopilan o mellorciño da musica sexual por excelencia (Aretha, Wilson, Otis...)
Se tes alma, tes soul... E se tes soul, faite un favor e volve a ver esta pedazo de "obra menor" de Parker. Os teus tímpanos e o teu espíritu agradecerancho.

No hay comentarios: