O Muro

(Pink Floyd: The Wall, Alan Parker, 1982)
En decembro de 1979, os Pink Floyd sacarían outra perla ó mercado: O seu deprimente e fantástico album conceptual "O Muro". 81 minutos de música jodidamente boa perpetrada por ese xenio chamado Roger Waters, que nos relata a complexa existencia de Pink, unha estrela de rock, alter ego do propio Waters, que vai poñendo os seus traumas como ladrillos, formando un muro que o ailla do mundo exterior.
Pouco despois de sacar o disco, uns cada vez máis distanciados Pink Floyd, saíron de xira en catro ou cinco cidades, cun espectáculo mastodóntico, onde había marionetas, animacións do xenial Gerald Scarfe, e un muro xigante que acabaría caendo ó final do espectáculo ("The Trial"). Tanto montaxe deu lugar a importantes perdas económicas para o grupo, que se pasou da raia.
Anos despois, e cun guión do propio Waters, a Metro decidiu levar a cabo a versión cinematográfica destes espectáculos (sen dúbida, o feito de que o album "The Wall" fose o 3º máis vendido da historia, axudaría un pouquiño a sacar adiante un proxecto tan depresivo e intimista...)
Tras moitas negociacións, encargouselle a dirección a Alan Parker ("Expreso de Medianoite" (1978), "Birdy" (1984), "O corazón do Anxo " (1987), "The Commitments" (1991)...), e a interpretación, ao marulán de Bob Geldof. Nun principio, o prota ía ser o propio Waters, pero, o ver que a interpretación non era precisamente o seu fuerte, cedeu un pouco, e deixando a un lado o seu inconmesurable ego, permitiulle o irlandés encarnar a Pink (moi ben, por certo...)
A peli, como imaxinaredes, non tivo un rodaxe agradable. Loitas de egos entre Parker e Waters, relacións tirantes entre Waters e o resto dos Floyd, Geldof actuando como un Punk que odia aos Pink Floyd... Pero finalmente, levouse a cabo, ainda que todo se podía vir abaixo nun plis-plas...
Hai anécdotas para dar y tomar... Unha delas é a das esceas nas que un grupo de neonazis seguidores de Pink causa o pánico entre a población. Para darlle realismo, Parker tivo a xenial idea de utilizar skinheads de verdade, e os rapaces pasárono en grande destrozando tendas pakistaníes e apaleando nejros. Como dixo o director: "...Ás veces, cando gritaba "corten", a escena parecía seguir..."... Así se explica o incrible ( e repugnantre) realismo das imaxes...
Todo é oscuridade e violencia nesta peli... Aínda me acordo do trauma infantil de ver como unhas máquinas facían carne picada cos rapaces na escola mentres estes coreaban os versos de "Another Brick on The Wall, Part2", e como finalmente, se rebelan e queiman a escola, os libros e o puto profesor...
As animacións de Scarfe son incribles, Geldof non a caga coa súa imitación de Syd Barrett, a peli consegue chegar á esencia do disco, e todo está tecnicamente impecable... Nun principio, non tivo éxito... Nalgún país ata foi censurada (En Arxentina, por exemplo, durou unha semana, ainda que neses tempos, o país non era precisamente un lugar de libertaz...), pero coa súa edición en video e DVD, acadou un éxito acojonante, e converteuse nunha peli de culto adiantada ó seu tempo...
Para os que amamos este disco, a peli non defrauda, e de vez en cando e agradable (?) vela outra vez, adentrándose nas turbias atmósferas creadas por Waters.

Sopa de Ganso

(Duck Soup, Leo McCarey, 1933)

Os irmáns Marx foron uns verdadeiros tolos, un xenios que crearon as pelis máis absurdas da historia do cine, arrasando todo ó seu paso mentres rodaban (as actuacións que vedes na peli, son totalmente reais, pois estes tipos non podían estar sen gastar terroríficas bromas e volver majareta a calquera..., que llo pregunten a Margaret Dumont, "a 5ª irmá", e diana para todas as súas bromas...).
Máis de un director tolearía para poñer un pouco as cousas en orden, pero neste caso, McCarey (mestre do gag visual), deu conseguido un peli non demasiado caótica, dándolle forma cinematográfica ás surrealistas ocurrencias dos Marx. onde se critican sen piedade os rexímenes autoritarios que se estaban cultivando nesa época. De feito, Mussolini prohibiuna en Italia, cousa que non faría, ao menos na súa totalidade, nin co "Gran Dictador" (1940) de Chaplin...
A verdade é que esta peli é o suficientemente perniciosa como para prohibila... Apoloxía do absurdo, actitudes dadaístas e destructivas, catro tolos causando o terror, facendo gamberradas con actitude punk, mandando a tomar polo q toda lóxica coñecida, meténdose cos políticos, cas mulleres, co sexo, cos monarcas, cos ricos, cos militares, cos currantes, cos pobres, con eles mesmos... Con todo dios... Hoxe en día, con tanta corrección política, serían ilegalizados...
Groucho chega a ser primeiro ministro de Freedonia, e coa súa actitude desquiciada, ésta entra en guerra coa veciña (e autoritaria) Sylvania. Chico e Harpo son contratados como espías por este país, dando lugar a todo tipo de situacións e diálogos sen sentido que sería imposible reproducir aquí... Só uns exempliños:

RUFUS T. FIREFLY: Colla unha carta.
SRA. TEASDALE: Ben. ¿Qué fago con ela?
RUFUS T. FIREFLY: Pode gardala, aínda me quedan 51.
(…)
SRA. TEASDALE: Como Presidenta do Comité de Recepción, doulle a benvida cos brazos abertos.
RUFUS T. FIREFLY: ¿En serio? ¿Hasta qué hora está aberta?
(…)
SRA. TEASDALE: Espero que siga os pasos do meu marido.
RUFUS T. FIREFLY: ¿Qué lles parece? Non levo aquí nin cinco minutos e xa se me está insinuando. ¿Dónde está?
SRA. TEASDALE: Está morto (…). Eu mesma estiven con el ata o último momento.
RUFUS T. FIREFLY: Agora sei por qué pasou a mejor vida.
SRA. TEASDALE: Aperteino e biqueino...
RUFUS T. FIREFLY: Entendo. Foi asasinado. ¿Quere casarse conmigo? ¿Deixou algún diñeiro? Conteste primeiro á segunda pregunta.
SRA: TEASDALE: Deixoume toda a súa fortuna.
RUFUS T. FIREFLY: ¿É certo? ¿Non ve o que quero dicirlle? ¡Quéroa!
(…)
CHICOLINI: ¿Ten os plans?
VERA MARCAL: Non. Están na casa. Teñen que encontralos pero, polo que máis queiran, non fagan ruido. Se lles descubren, estamos perdidos.
CHICOLINI: ¿Cómo me vou perder se me descubren?

etc, etc, etc...

Pero sen dúbida, a miña escena preferida, a do espello... Antolóxica...

O Tolo de Pelo Roxo

(Lust for Life, Vincent Minelli, 1956)

Van Gogh... Poderíase falar del largo e tendido... Un incomprendido (comprendido demasiado tarde), un tolo, un xenio, un rebelde, un RNR star... Calquera adxetivo valería para definir a este primeiro 'rara avis' comercial da arte contemporánea, a este monstruo que non se comeu nada en vida e idolatrado un século e pico despois de morto... Ainda hoxe non se sabe ben cánto influiu este tipo nas artes plásticas occidentais, pero aposto un güevo a que se pejaría un tiro outra vez se supera en cánto se cotizan as súas impresionantes obras...
Pero deixemos a pintura a un lado, e falemos de cine...
Minelli faille un homenaxe en cinemascope a Vincent neste largometraxe maxistral, que pretende ser un biopic baseado no fabuloso "cartas a Theo" do propio artista, e de algunha crónica máis. Representando o mundillo artístico da época, podemos achegarnos a esa figura da historia, de forma moi parecida a como fixo un par de anos antes John Huston en "Molin Rouge", na que se conta a desgraciada historia do anano, drojadicto, xenio e coxo Toulouse Lautrec
O certo é que un personaxe como Van Gogh, é demasiado complexo para facer unha peli de Jólibu dos 50, pero hai que recoñecer que Minelli o borda (axudado, como non, por esa bestia da natureza que é Kirk Douglas)... O seu amor polos cadros do xenio é evidente, e conta unha historia ben contada, documentada, bonita, e sen as falsedades históricas propias da rancia industria deses anos.
A toda cor, se pode percibir a maravilla dos cadros deste tipo, así como a dos seus contemporáneos (os de Gauguín, interpretado polo xenial Anthony Quinn (Oscar mellor secundario), de Seurat, de Monet...), pintura exposta como se dunha sinfonía se tratase (lembremos que Minelli ven do musical...), axudado, cómo non, pola partitura de Miklos Rozsa, mercenario musical da Metro, e polos impresionantes exteriores reais onde viviu o pintor (algo raro en Minelli, sempre rodando en estudio...).
As interpretacións son escalofriantes, sobre todo a de Kirk Douglas, un tío que ainda estaba máis tolo que Van Gogh, e que
chegaba a darlle unha intensidade á personaxe, que te deixaba cos pelos de punta. Todos coñecemos as obras mestras nas que participou, así que reivindicar a este gran home (ainda vivo...) é unha absoluta estupidez.

Mellor vou pechar cunha cita do gran Billy Wilder sobre Kirk Douglas:

Cando en 1958 Stanley Kramer quixo rodar "The Defiant Ones" (Fuxitivos, onde un branco e un nejro encadenados fuxen xuntos do cárcere), e lle presentou o guión a Robert Mitchum, este dixo:
-Non penso actuar cun nejro...
Marlon Brando leu o libro e dixo:
-Quero formar parte, só se interpreto ao nejro.
E Kirk Douglas, a quen Kramer tamén lle dou a ler o libro, contestou:
-Sí. Acepto. Cunha pequena condición: Quero interpretar os dous papeis...

Viva Douglas... Viva Minelli... Viva Van Gogh...!!!!

Cantando baixo a choiva

(Singin' in the Rain, Stanley Donen e Gene Kelly, 1952)

Cando penso nesta peli, penso en dúas das secuencias imprescindibles da historia do cine: Penso en Gene Kelly jabeando por unha farola, totalmente drogado de amor, mentres chove a cántaros por el mentres canta esa magnífica canción; e penso na pandilla da Naranxa Mecánica dándolle de hostias ó personal mentres cantan esa mesma puta canción...!
Como vedes Kubrick homenaxea, como é natural nun tío da súa intelixencia e sensibilidade, a esta obra mestra inigualable, cumbre do musical, e homenaxe en sí mesmo aos vellos musicais da Metro, que naceron co cine sonoro, precisamente como ben se amosa argumento da peli que estamos a tratar... Eses anos onde o cine dou un paso revolucionario.
Como musical, é espectacular, qué duda cabe..., e hai uns bailes que te poden deixar parvo, con Kelly como xenio-protagonista absoluto. Xamáis esquecerei ao bó de Gene andando (literalmente) polas paredes como Spiderman mentres cantaba a grandiosamente divertida "Make'em Laugh"...
Todo na peli ten bó rollo... Esas cancións (por suposto, todos coñecemos a principal... Pero tamén están "Good Morning" ou "Moses"...), Cyd Charrise, o bó humor (sen ñoñerías, pese ó que poida parecer...), un guión sólido, fresco, alegre, divertido, entretido..., un equipo de dirección en estado de gracia (Donen é u fenómeno), os números de baile (Kelly, é un puto animal da danza)...
En fín... Se tedes un mal día, se estades deprimidos, se vos sentides unha puta merda pinchada nun pao, esta película é a fodida solución para os vosos problemas, asegúrovolo...

A vida de Brian

(Life of Brian, Terry Jones, 1979)

Sen dúbida, a mellor película dos enormes cómicos Monty Python, e unha das mellores comedias de tódolos tempos, onde se conta a historia dun contemporáneo de Xesucristo, Brian (Graham Chapman), e de paso fustigan con crueldade e cotas nunca alcanzadas de mala hostia á relixión e demáis opios do pueblo... Os Guións destes tipos, son, como todos sabedes, a PUTA HOSTIA!!!
Os gags que aparecen na peli son incontables... Este film é unha sucesión de situacións absurdas e fodidamente divertidas nas que é moi proable que te mexes coa risa... Os Python (Chapman, morto por certo, borracho perdido..., Michael Palin, Terry Jones, Terry Gilliam, Erid Idle e John Cleese) interpretan á maioría das persoaxes que aparecen pola peli... Romanos, Xudios, Profetas, soldados, terroristas... Todos igual de locos e de desternillantes, a maioría deles, inolvidables... Con chistes surrealistas, irreverentes e aparentemente estúpidos, os hijos de puta conseguiron retratar á perfección os extremismos relixiosos e políticos, con eso que chaman "humor intelijente", do que sen dúbida, e ainda que me foda reconocelo, os ingleses teñen unha longa tradición, na que a guinda a poñen estes tíos.
A Iglesia, por suposto, protestou, pero, despois de ver a peli, calaron a puta boca, porque... Qué cojones se pode dicir despois de ver unha película así...? JC solo aparece nun par de ocasións durante o metraxe, e é tratado con respeto, ainda que a clase eclesiástica, política e militar salen bastante mal parados con algún que outro chiste... Só se prohibiu nun par de aldeas en UK, en Noruega ("...Película tan divertida que foi prohibida en Noruega...", foi a promoción sueca...) e por suposto, nalgun estado do fascinante sur dos USA... En fín... Fijo que a máis de un cura se lle afundiron os plomos... Despois de todo, un dos temas principais da peli, son as malinterpretacións e as distorsións das mensaxes, como por exemplo o do sermón da montaña, onde nin Dios sabe de que coño está a falar JC, ou cando dí "Bienaventurados los queseros", onde evidentemente, se refire a todos os fabricantes de productos lácteos en xeral...
A peli sorprende tamén, pola texturosa (e enrarecida) foto de Peter Biziou, o deseño de producción de Gillian (que fixo tamén a animación dos créditos iniciais) e a dirección do correcto Jones (Que tamén fai da nai de Brian), logrando crear en Túnez (nos decorados que usou Zeffirelli para o seu "Xesús de Nazareth", 1977) unha Palestina entre o relismo total e o cutre (non había un peso...), que naquela época estaba dominada polos cabrones dos Romanos, que nunca fixeron nada por esa gran terra...Bueno... Exceptuando os acueductos, o alcantarillado, as carreteras, a irrigación, a sanidade, a enseñanza, o viño, os baños públicos, a ley e a orde pública, a paz… Pero polo demáis, nada de nada...
Unha curiosidade: George Harrison participou na producción da peli e ten un pequeno papel na mesma... Sabedes cal???

Ser ou non ser

(To be or not To be, Ernst Lubitsch, 1942)

Descojonante parodia na que un grupo de tolos actores que representan Hamlet en plena Alemania Nazi loitan contra os cans da Gestapo disfrazandose eles mesmos de nazis... Incluso se disfrazan de Hitler, e non te podes nin imaxinar o que te podes partir o cú vendo as situacións que se desenrolan...!!! ("Hail,eu mesmo..."!!!, dí...)
Este pedazo film resulta ser a máis ácida crítica ó III Reich nunca xamais rodada, e está feita en plena guerra mundial, cando Adolf tiña serias posibilidades de gañar !!! Nada de panfletos, solo auténtica mala hostia servida elegantemente en bandexa de plata polo grandísimo Lubitsch, ese director que sempre foi un pouquiño mellor que todos os demáis, deixandonos un agradable sabor de boca ós afortunados espectadores que saboreamos as súas delicatessen... Este tío era un dos grandes da posta en escea e do ritmo cinematográfico, sen ningún tipo de dúbida... Como se dixo por ahí... Nesta peli faise con Shakespeare o mesmo que Hitler fixo con Polonia...
Jack Benny e Carole Lombard están de puta madre (está claro porqué Clark Gable se fixou nela, lástima que se espetara nun avión pouco despois de rodar esto...), o guión do venenoso xudeu Edwin Justus Mayer é sinxelamente perfecto, excelente, inmellorable..., adicado ós nazis con todo o cariño... O ambiente é ese das altas comedias do Hollywood dourado, o sentido do humor é absolutamente soberbio... Todo está no seu sitio, estratéxicamente ubicado para que te partas o chourizo, e o mesmo tempo, a túa intelixencia sexa agasallada...
En definitiva: OBRA MESTRA, que xunto ao "Gran Dictador", é o máis claro e fiel retrato do nazismo e do totalitarismo... (Está claro que a comedia e o sentido do humor, son a peor arma para as tendencias políticas chungas...)
Qué máis podo dicir...? Calquera palabra quedaríase curta... Quén non a viu, o mellor é que a vexades inminentemente, non perdades nin un segundo máis, non sexades gilipollas...
...Como curiosidade, dicir que esta peli estivo prohibida en España ata ben entrados os 70's... Hai que joderse, qué burrada...!!!