Marathon Man
(John Schlesinger, 1976)
Lawrence Olivier (probablemente, o mellor actor da historia da civilización) facendo de dentista nazi torturando a un destrozado corredor de Marathon (Dustin Hoffman), que símplemente pasaba por ahí. "Están a salvo...? Están a salvo...?"... Bufff... Póñenseme os pelos de punta só de recordar esa puta escena, e eso que disque era moito máis larga nunhas primeiras proxeccións públicas...
En fín, o meu estómago estivo a punto de non aguantalo, pero conseguín ver esta obra mestra que conta con miles de virtudes que sería aburrido enumerar...
Só dicir que foi precursora do Setady Cam, que conta cunha magnífica fotografía (Conrad Hall), con ese elegante toque 70's, que Schlesinger ("Cowboy de Medianoite") dirixe cun ritmo realmente eficaz e emocionante... A novela orixinal (e posteriormente o guión) de William Goldman non é para menos, xa que se conta unha complexa historia de espías, atractivas mozas suizas, diamantes, xudios cabreados e ex-nazis que aumentarían o nivel de adrenalina do mesmísimo Tranquilo.
Para Mín, o mellor son sen dúbida, as antolóxicas interpretacións: ese malvadísimo Olivier ó que venero, un Dustin Hoffman cada vez máis destrozado (Estivo varios dias sen durmir para rodar algunha escena, e Olivier replicoulle un día: "Xoven... E logo... ¿Non chegaría con actuar...?), e un dos actores con máis personalidade (ese careto) do cine: Roy "Tiburón" Scheider, que nesta peli ten un papel á súa medida.
Esta é a típica película que nunca se vai repetir. É producto dunha época maravillosa para o cine e a música, e conta cos mellores profesionais dese momento. Esta película é a que engrandece a palabra "thriller".
Nunca vos preguntastes qué cojones é un Thriller??? Ben... Esto é un Thriller.
1 comentario:
Gran película, un clásico indiscutible. Olivier y Hoffman están enormes.
Saludos
Publicar un comentario