O Silencio dos Cordeiros

(The Silence of the Lambs, Jonathan Demme, 1991)


¿Qué dicir desta peli...?
Pois que inaugurou un tipo de cine que hoxe en día ainda é copiado por outras pelis, series de TV, libros, etc...Un tipo de cine policiaco e de suspense, en lugares axfisiantes, escuros, e cos máis extravagantes psicópatas pululando, onde se fixeron grandes pelis (a secuela "The Red Dragon", ou a imprescindible "Seven"...) e outras non tan grandes.
Neste caso, Demme, acertou de cheo con esta historia que rexeitou medio Hollywood (ó final, (e afortunadamente pa eles) aceptaron Anthony Hopkins e Jodie Foster). O director recrea de puta madre uns ambientes que inquietan e acojonan, deixando atrás a súa etapa ochentera e facturando a mellor peli da súa filmografía (que non é precisamente unha maravilla). Algunhas escenas como a do ascensor ou a do final, son do mellorciño en suspense, acción e intriga do cine dos 90's. E eses primeiros planos... En fín... Insuperables.
Todos coñecedes de que vai a peli, polo que estaredes dacordo en que o guión de Ted Tally é unha puta maravilla. Baseado nunha excelente historia de Thomas Harris, Tally sacoulle todo o xugo ós inmortais persoaxes da novela. Eso, xunto coa brillante BSO de Howard Shore e o elenco de interpretes que por ahí circulan dan lugar a un dos zrilers máis icónicos da grande pantalla. Unha película que se converteu en clásico no día mesmo do seu estreno.
Unha importante responsabilidade para que as cousas sairan tan ben téñenas os oscarizados Hopkins e Foster, que actuan cunha isnpiración inmellorable. Hannibal Lecter converteuse nunha persoaxe mítica gracias ó bó facer do británico (que non pestanexa en toda a puta peli, e pon uns caretos, e dí unhas cousas, fai unhas posturas, ten tan bó gusto... XENIAL...), situándose ó lado de malos como Drácula ou Frankenstein, e gañandose a inmortalidade.
Clarice-Foster tamén esta xenial. Unha axente do FBI pequeniña, intelixentísima e rodeada de homes, que se "namora" do psicópata. Na súas miradas transmítense sutiles sentimentos que provocan escalofríos nun espectador tan impresionable coma min mesmo. Mención especial tamén a merece Ted Levine, facendo de "O Xastre", o veciño ideal que todos quixeramos ter.
Como sabedes, o éxito foi rotundo. A academia volcouse con esta peli deixando á favorita ese ano, "JFK", cun cara de parva, e o público acudiu de forma masiva ás salas a ver o máis oscuro que habita na natureza humana, un retrato deles mesmos, que, por suposto, encantou.
Despois, secuelas que non chegan á orixinal... "Hannibal" paréceme unha tomadura de pelo do fodido Rydley Scott, e a anteriormente citada "The Red Dragon" é unha digna sucesora con interpretes de toma y rasga , pero sen a chispa da primeira.

3 comentarios:

Unknown dijo...

de kulto.

Unknown dijo...

por certo... xa fun ver a espoxición... gustoume, sober todo o karro e reed, e o demais tamen ke karallo!

* dijo...

pois está todo baratiño...

fala con nós e informámoste sen compromiso.

Lou Reed...?
Creo que sería un bó rejalo pa túa moza, nai, primas. etc...