Alien, O Octavo Pasaxeiro

(Alien, Ridley Scott, 1979)


Na miña humilde opinión, esta é a mellor peli de Scott, e a mellor peli inglesa de ciencia ficción de tódolos tempos... Unha pedazo de obra mestra na que se mesturan terror, suspense, fantástico, humor, etc... dando lugar a un cóctel de escuridade, fermosura e entretemento.
A peli vai dun grupo de xente metidos nunha nave de transporte no medio do espacio, que Scott & cía se encargan de retratar como persoas normais e correntes (hoxe serían camioneros ou algo así...) atrapados nun angustioso lugar no medio da inmensidade. Sós e aillados, expostos a todo tipo de perigos, transmítese no espectador unha sutil claustrofobia e un lixeiro caguete.
De repente... Aparece "O Bicho", e a peli convertese na clásica peli de terror estilo anos 50, Mario Bava, ou mesmo estilo Lovecraft e toda esa xente. Perfecta. Xenial. Aterradora.
O magnífico artista H.R. Giger creou algúns dos incribles escenarios barroco-sexuais da peli (tamén participaron Moebius ou Carlo "E.T." Rambaldi, entre outros...) , ademáis do simpático bicho. Os deseños destes encantadores animais son incribles, tanto da nécora, como o pequecho con mala hostia e o "guaperas" grande e nejro, que se convertiría nun dos grandes malos do 7º arte... Un massai de 2.40 cms. disfrazado de Alien malo-malirmo sedento de sangue, que ten como único fin aniquilar a todo cristo, de forma virulenta e sexy...
...Chamádeme enfermo, pero na peli, todo é vaxinal ou fálico, empezando polo mesmo bicho en todas as súas fases, a nave, ou o planeta ese construido con mariscos pegados á parede, e maquinas de fume prestadas polos Who (verídico!). Poderíamos estar horas e horas estudiando estas cousas e psicoanalizándonos, pero sería inutil. Se Giger está polo medio, hai que contar con pollas e conas, ainda que non se distingan moi ben... Fijo.
Deixando a un lado aos verdadeiros protagonistas (o bicho e o ambiente...), os actores están todos xeniais, sobresaíndo a cachondísima Ripley (unha debutante Sigourney Weber). Todos, con amplia experiencia, menos ela, que cumplen á perfección nas súas persoaxes, cada unha delas moi característica. Scott xogou con eles para conseguir o mellor para a peli. Por exemplo, cando o bicho sae do corpo de John Hurt, nadie lles dixo nada ós actores, que, salpicados con sangue e vísceras de ovella,  levaron un susto de tres pares de cojones (recollido no montaxe final da peli)...
O guión de Dan O'Bannon sería retocado por Walter "The Warriors" Hill (un director XENIAL), entre outros, e foi modificado ata a saciedade (o montaxe orixinal duraba tres horas e pico), pero ó final acadouse un resultado máis que sobresaínte. O silencio invade esta peli, para dar más miedito, pero de vez en cando óese a interesante partitura de Jerry Goldsmith que acompaña á perfección este viaxe ao máis profundo, a esa loita tan clara entre o ben (o humano) e o mal (o non humano).
Conclusión: A peli é un mito e un clásico indiscutible. Como dixen, a mellor de Scott, que quitando "Blade Runner", no futuro non faría máis que caca. Pero eran tempos nos que o tío se implicaba e nótase...

Finalmente, unha pregunta que me atormenta: Porqué o octavo pasaxeiro...? O gato non conta, ou qué...?

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Sí señor... jajaja... o do gato acaba contigo, pero como pasaxeiro se referirán a individuo con capacidade de matar e aterrorizar... e iso só se conta con humáns e aliens...a no ser que sexa un gato destes mutantes... jajaja...
Película que me gusta máis cos anos :)

* dijo...

bueno, como ben sabes hai gatos moi rabudos, capaces incluso de asesinar...
Pero a estrela principal é o bicho, tan carismático e con tanta mala hostia.

Anónimo dijo...

mala ostia?...buf... e malirmo...peor que manels!