American Movie

(Chris Smith, 1999)

Estamos ante un dos documentais máis fascinantes que vin sobre o cine (dentro do cine). A película narra a odisea de Mark Borchardt, un director-productor-actor do máis particular, que loita por sacar adiante un film independiente sen un puto duro, pero con todo o corazón. Esa é a obra mestra que ten na cabeza, “Northwestern”, e loitará contra todo para materializala.
Ás veces, a película semella un falso documental, porque a historia está tan ben contada, e os personaxes son tan surrealistas que nada parece ser real, pero que eu sepa, este tipo existe, e aí estaba o tal Smith para retratar a súa idea de America mediante o seguimento deste cinéfilo patolóxico, sempre entusiasmado polo que fai, e incapaz de caer na normalidade da puta vida adulta.
Ao principio vaise describindo toda a preparación do film (reunións, localizacións, retoques de guión, castings...), pero pouco a pouco, decatámonos de que se está retratando a un verdadeiro perdedor como calquera de nós. Un ser anónimo e perdido no cú do mundo (Wisconsin, nada menos), un tipo quijotesco que se gana o cariño do espectador aos 5 minutos, polo mal que parecen irlle as cousas. Tan chungo sale todo que a peli non se pode facer por falta de cartos, polo que Mark, sempre positivo e ambicioso decide rematar o seu corto de terror “Coven” para financiar a verdadeira visión que lle quere mostrar ao mundo.
A existencia de Mark durante eses dous anos nos que tenta rematar a peli vaise contando polas bocas dos seus achegados, incluidos os seus fillos de 5 ou 6 anos (que son fans de “Apocalypse Now”), os seus pais que o consideran un puto freak, os seus mellores amigos, e en especial, o tipo máis entrañable que poida aparecer nunha pantalla, o seu tío Bill, ao que Mark pretende sablear para financiar a peli. Este vello filósofo transformado en productor executivo que vive nunha caravana ao máis puro estilo Wisconsin, regálanos os mellores momentos da peli, con frases para o recordo (...agora mesmo non recordo ningunha). Outros moitos secundarios completan o delirante entorno de Mark... Habería que mencionar tamén ao seu mellor colega, Mike, un tipo igual de arruinado que Mark, que parece vivir noutro mundo por todos os ácido que se meteu no corpo, pero que lle bota unha man ao cineasta en todo o que pode. Por certo, el é o encargado da banda sonora do documental, uns punteos da súa guitarra, que van desde o clasicismo máis esquisito ata descarados plaxios de Black Sabbath.
A peli, que a priori mostra unha historia deprimente sobre o fracaso, é tan bizarra que se converte nunha especie de comedia entolecida, na que a todo o mundo parece que lle falta un tornillo, e ten momentos de verdadeiro cachondeo nos que se rascamos un pouquiño, aprendemos cousas sobre a amizade, a xuventude, a sociedade que impide a realización dos nosos soños, e eso que chaman o “soño americano”, que tanto nos estamos esforzando por importar aquí.
Peliculón, sen dúbida. Humilde, emocionante e divertida.

A fuga de Alcatraz

(Don Siegel, 1979)

Baseada nun feito real, e rodada no mítico presidio que tivo entre os seus muros a xente como Al Capone, ou o tipo este que coidaba paxaros (Burt Lancaster en “El hombre de Alcatraz”), esta película supón a cota máis alta que acadou o espectacular tandem Siegel- Eastwood, e esto non é dicir pouco. Lembrade por exemplo títulos tan básicos como “Harry o sucio”.
Que se pode dicir de Siegel? Pois que foi un puto mestre, non só como director, senon como un dos mellores montadores da historia (Non é casualidade ese ritmo que teñen as súas grandes películas). O tipo criouse na sala de montaxe e non tardou en empezar a dirixir, primeiro excelentes series b, e despois brutais peliculóns.
De Eastwood, xa mellor non falar. Non vamos a discutir a súa talla como director, porque é evidente, pero como actor, e partindo de que sempre fai o mesmo personaxe, coa mesma cara, e a mesma mala hostia, nesta película póñenseche os pelos de punta. O seu personaxe apenas fala (en Alcatraz os tipos vivían 23 horas en celdas de 3 metros cadrados), pero cada movemento que fai, cada vez que manga algo para axudar na súa fuga, ou mira a un dos seus compinches, o espectador entende todo o que hai que entender, e máis.
Como saberedes os que vistes esta peli, nin dios se fugara nunca antes do penal, ata que no 62, o cerebrito Frank Morris (Eastwood) e dous colegas o conseguiron. Nunca se supo nada deles, pero na miña opinión merecen estar disfrutando agora dunhas boas jaipiriñas baixo o sol dunha praia paradisíaca.
Eso é o que pretende Siegel. Facernos sentir simpatía por estos “criminais” que o único que queren é ser libres (Ese crisantemo é todo un símbolo), e describirnos un pouco como era a vida na carcel máis dura dos USA, pero sen pararse en chorradas, lugares comúns do xénero carcelario (do que sen dúbida este título é un dos máximos expoñentes) e detalles que non veñen ó caso. No que sí se para é neses personaxes sólidos como rocas, e uns diálogos escasos, pero excelentes. Aquí non falamos de Stallone ou Van Damme intentando sair dunha cutre-carcel a hostia limpia... Os presos que rodean a Frank lévanse ben, os gardas non son os típicos cabróns, e ata o estereotipo de violador que quere petarlle as cachas a Clint ten a seu carisma.
O que quere contarnos Siegel, cun ritmo excitantente pausado e narrativamente perfecto é a fuga en sí. Mentres devoramos palomitas e estamos absolutamente metidos na película, queremos que estos tipos se marchen de Alcatraz. Pero por suposto, en toda boa peli ten que haber un bo malo... Como non... O Alcaide. Odiamos a ese tipejo que sabotea a creatividade de Clint (e por extensión de tódolos presos, incluido o entrañable artista), e mólanos verlle a cara de tonto que lle queda ó final, preguntándose como cojones fixeron estos tipos para escavar un tunel en roca pura e marcharse nadando da illa de Alcatraz sen morrer conxelados ou afogados. O moi gilipollas é vencido, e sentímonos de puta madre. Perdoade se vos jodín o final a quen non a viu, pero creo que era evidente. De tódolos xeitos, credeme... Non vos jodín o suspense, que durante toda a película non deixa que apartemos a vista da pantalla.
Peliculón. Sen dúbida, o canto de cisne do tipo de cine que se fixo en Hollywood nesa gran década tan experimental e fascinante... Despois virían os arrepiantes anos 80s.

A Muller do Cadro

(The Woman in the Window, Fritz Lang, 1944)

Xa sei, xa sei... Fritz Lang... Un dos grandes non pode faltar nesta estúpida lista que confecciono de vez en cando, non..? O carallo é escoller unha soa peli del... Unha da súa etapa alemana? ("M, o vampiro de Dusseldorf" (31) quizáis...? "Metrópolis" (27)??)... Quizáis algo da etapa USA, despois de mandar tomar polo cú con dous collós a Goebbels?... Sí, para o meu gusto, creo que sí... A etapa na Metro dou grandes obras mestras do xenio. Moitas desas pelis son maravillosas, incribles, irrepetibles. O Hollywood actual non se parece nada a eses incribles anos 40, onde podías disfrutar da beleza de Gene Tierney (quizáis a muller máis guapa da historia da civilización) , á Bergman ou a Dietrich; e do incrible talento de colosos como Spencer Tracy, Henry Fonda ou James Cagney, por citar uns poucos. Eran máis que actores e actrices... Eran deuses!! Nada que ver cos "deuses" de hoxe: Ben Affleck? Tom Hanks? Will Smith? Kidman?... Oh, deus... qué época máis deprimente nos tocou vivir...
...Pois evadámonos un pouco. Que lles den polo cú as Julias Roberts e os Matt Damons que nos martirizan hoxe en día con interpretacións ridículas, e sumerxámonos no ano 44. Imos entrar nunha peli de Fritz Lang. Un típico exemplo de film noir americano feito por europeos. E a pantalla énchese con duas das figuras máis especiais do momento: Joan Bennet (Guapa, guapísima e musa dos mellores autores: Walsh, Minelli, Preminger, Whale e por suposto, Lang) e o titánico Edward G. Robinson (o mellor gangster da historia, podía facer de tipo duro ou de sensible engañado, asejún lle saíse dos güevos, que foi mezquinamente abandonado por Hollywood nos 50 a causa da fiebre anticomunista).
"A muller do cadro" é unha desas películas tan típicas de Fritz Lang na que se retrata á muller fatal, un tema tan recurrente na historia da arte, que nos fai pensar en rencorosos artistas co corazón destrozado por mulleres-vampiro. Joan Bennet prácticamente vampiriza a Robinson, un bonachón que cae rendido ante tal beleza. Evidentemente, como calquera tío faría, Robinson convértese nun pelele calzonazos en mans desa malvada cachonda, e de paso métese en líos moi graves.
A película atrapa, ten un ambiente que nos fai soñar, escapar desta puta e vulgar realidade de merda, e tamén nos fai pensar. Non falo de misoxinia, por suposto... Falo do excelente retrato do ser humano (home ou muller), da sociedade, e da realidade-fantasía na que vivimos.
Cabe destacar o polémico final, que os estudios obligaron a cambiar. Digamos que Lang quería outro final menos "conservador", ainda que o desenlace que quedou para a posteridade é bastante orixinal e novedoso para a época.
En fín. Peliculón perfecto. Se eu tivera un canal de TV, emitiría esta película todas as semanas, ata que alguén desquiciado de tanto vela me pegase un tiro.

P.D: Se vos gustou a peli, deberíades ver "Laura" de Preminger (un dos malos de Batman: a serie dos 60) e "Perversidad" do Propio Lang, moi similares en argumento, concepto e orixinalidade.

A Cousa

(The Thing, John Carpenter, 1982)

Carpenter... É ridículo reivindicar a un artista deste calibre... Salvando as distancias, é como reivindicar a Velazquez, pero ainda queda moita xente que se queda coa capa superficial do seu cine, sen darlle a debida importancia á profundidade que encerran as súas obras, xa sexa dende un punto de vista cinematográfico, artístico, ou directamente humano. Por suposto, hai unha boa parte da crítica que o respeta, e mesmo o venera. Pero da igual... A quén lle importa o que diga un crítico...?
Sempre disfrazadas de "serie B", cine que sen dúbida mamou e amou, as súas películas teñen esa atractiva inxenuidade que mestura sátira, fantástico, terror, épica, política e cine en estado puro, que nos fan ver a grandeza que existe en contar unha historia coa imaxe en movemento, e de paso, ilustran a caricatura que en realidade é a nosa vida. Todo mesturado cun sentido do humor incrible.
Repasemos só algún cumio da súa obra, e corrámonos de justo: "A noite de Halloween" (78), obra mestra, pionera do novo terror, e unha verdadeira lección de uso do primeiro plano e da música (do propio Carpenter) como eficaces elementos expresivos. "A Néboa" (80), de novo cunha cachondísima Jamie Lee Curtis, "1997: Rescate en NYC" (81), co que será o seu actor fetiche Kurt Rusell e outra obra mestra cun dos mellores guións da historia do cine. "Golpe na pequena china"(86) infravalorada comedia de artes marciais, chea de mala hostia e diversión. "O pobo dos malditos" (95), remake da excelente peli de terror de Wolf Rilla, na que salen eses inolvidables (e espeluznantes) nenos rubios causando o terror nos adultos... etc, etc,etc...
Outro remake inolvidable é "A cousa", baseada na peli do mestre Howard Hawks.
Hai que situarse: Unha estación científica na Antártida, aillada, rodeada de miles de kms. de neve. Uns tipos viven nela dende hai unha temporadiña, incluido un alcolizado Kurt Rusell. De súpeto, aparece un can, perseguido por uns noruegos entolecidos. Algo malo debe ter o animal... Efectivamente. Non tardaremos en decatarnos de que un alieníxena pode tomar a forma do que ten ao seu carón. E surxe o pánico, e con el a desconfianza... Calquera dos tipos que están aí aillados no medio da nada pode ser a cousa... Uns desconfían de outros, as cousas vanse das mans, e non tarda en morrer xente, xa sexa polo alien, ou polos seus propios compañeiros, nun estado de histeria e paranoia.
Como vedes, Carpenter explora a psicoloxía do ser humano, e fai un brilante estudio do medo, pero ao mesmo tempo, non escatima en efectos especiais, que son realmente impactantes (ese ano o oscar aos FX levaríaos E.T., un alieníxena que en nada se parece á Cousa...) e as escenas de acción serán de lo mejorcito de toda a puta historia do cine. Todo rodado co clásico ritmo de Carpenter, da lugar a un excelente film no que se refire á tensión narrativa. O director xoga coa historia, acentuando o que lle interesa mediante poderosas elipsis, a iluminación e esa desestabilizante música (esta vez de Morricone), para que nin o espectador sepa quen carallo pode ser o bicho hijoputa.
Outra vez, Carpenter sérvese do seu xénero preferido para falar amargamente do ser humano. Ao contrario que E.T. (película que tamén me encanta, faltaría máis) descríbenos como animais aillados, sós, desamparados, e sen poder confiar uns nos outros, por moito que pensemos o contrario, pero ao mesmo tempo (como o bicho) necesitados de perpetuar a nosa repugnante especie. "A cousa" ven sendo un excelente e irónico retrato do ser humano como fillo de puta, contado da mellor forma posible por un auténtico mestre do xénero.
Do 1 ao 10, doulle un 11 (e quédome corto).

Clerks

(Kevin Smith, 1994)

Ópera prima de Kevin Smith que costou menos de 30000 $ (!) e que rápidamente se converteu nunha obra de culto, pasando á historia como unha das xoias do cine independiente dos 90's.
Clerks fala dun día na vida de Dante, un frustrado caixeiro do típico badulaque americano (onde prácticamente sucede toda a peli), e dun colega algo fillo de puta que "traballa" no videoclube do lado. Dante vese obrigado a traballar no seu día libre e polo ultramarinos pasa todo tipo de fauna e suceden as situacións e diálogos máis delirantes, que son presentados cun ritmo e unha brillantez acojonantes. Dende logo, o excelente guión é o que fai da película unha gran película, porque a fotografía en B/N é deliveradamente cutrísima (dunha maneira deliciosa), non hai maquillaxe, nin iluminación, nin gilipolladas dese tipo... Só un puñado de actores (colegas do Smith) rodando polas noites cunha cámara atopada na basura, no lugar onde traballaba polo día o propio Smith, recitando os diálogos máis políticamente incorrectos e divertidos dunha época tan mojigata nese sentido como os 90's...
Os actores non son unha maravilla (ainda que conseguen que os queiramos con loucura), pero os seus personaxes son inmortais. Dante é un odioso pesimista que se queixa durante case toda a peli, e non para de darlle voltas á cabeza por todo. Sen embargo, déixase embaucar nas máis surrealistas situacións polo seu colega do videoclub, Randall, un tío totalmente oposto a el. Optimista, tolo e impulsivo. Un cóctel de personalidades que falan dos temas máis triviais coa mestría dun filósofo (xenial o diálogo da estrela da morte de Star Wars), e se complementan cos secundarios máis divertidos do cine, destacando Jay e Bob o silencioso (o propio Smith), dous traficantes de maría, que salerían en case todas as películas posteriores do director, todas bastante irreverentes e divertidas (eu destaco "Persiguiendo a Amy" (97) e "Mallrats" (95)).
Tamén é moi destacable a impresionante banda sonora... Xa sabedes... Eran os 90 e o "indie" e o jrunje estaban de moda... así que na peli sonan varias de Alice in Chains (impresionante o tema adicado a Chewbacca), Bad Religion ou Corrosion of Conformity...

En fín... Como dín na peli:

Dante: E dís que lle chupaches a polla a 36 tíos?
Veronica (moza de Dante): Sí
Dante: Incluíndome a mín?
Veronica (moza de Dante):Mmmmm... incluíndote a tí?... 37
Dante: (desesperado) ¡A miña moza chupou 37 pollas!
Un cliente que pasa por aí: Seguidas?

Touro Salvaxe

(Raging Bull, Martin Scorsese, 1980)

De novo Scorsese. De novo DeNiro e Pesci. Estamos a falar da mellor película de boxeo da historia do cine, baseada na vida do mítico Jake La Motta, un verdadeiro jañán que chegou a estar no máis alto da categoría de pesos medios nos anos 40, e que caeu en picado na decadencia e no abandono por culpa do seu caracter sicótico e violento. Un guión así só podería estar escrito polo grandísimo Paul Schrader ("Taxi Driver"), que se interesou de inmediato pola historia interior do boxeador, chea de contradiccións que mesmo rozan o espiritual... E por suposto, o protagonista tiña que ser Bobby De Niro, unha auténtica besta da interpretación neses anos, disposto a xogarse a saúde por crear un papel convincente. Dende logo, acadouno con sobresaínte, pois o seu Jake La Motta é un dos mellores papeis da puta historia do cine.

Scorsese volveu a facer outro retrato dun individuo de complexa psicoloxía, co seu estilo habitual, que nesa época era dunha calidade acojonante, pero esta vez cunha incrible fotografía en branco e negro dun Michael Chapman en estado de gracia, que da lugar a planos e movementos de cámara do máis orixinal. As secuencias de combates son absolutamente impactantes e variadas... 9 pelexas mostradas de formas diferentes, con maravillosos trucos visuais que impiden que nos aburramos. Dende logo, a montaxe mereceu o oscar que levou, pois moitas veces parece que esteamos encima do puto ring.

Pero, como todos saberedes, o máis lexendario desta obra mestra é o sacrificio que fixo De Niro para encarnar ao bruto boxeador... O fillo de puta engordou uns 30 kgs. nun par de meses!!! Decídeme sinceramente se os babosos que pululan na actualidade por Hollywood farían eso... Definitivamente non me imaxino a Matt Damon, Ben Affleck ou o agora íntimo de Scorsese, Leo DiCaprio facendoo... Dudo moito que cortasen siquiera os seus pelos de anuncio de champú... Pero ao gran De Niro daquela época só lle importaba poñer o seu personaxe ao servicio do film, ainda que iso conlevase graves problemas para a súa saude...
O rodaxe planeouse asín: as 10 primeiras semanas, rodáronse os espectaculares combates, para os que Bobby aprendeu boxeo directamente de La Motta, copiando o seu estilo e poñéndose cachas. As seguintes 10 semanas deron lugar ao rodaxe das secuencias dramáticas da peli, centrándose na relación co seu irmán Joey (Pesci) ou nos celos sen sentido cara Vicky (unha fermosísima Cathy Moriarty)... A partir de aí, empezou a bacanal de comida para o actor: Foise a Europa e púxose a comer descontroládamente, ignorando as advertencias dos médicos, e volveu obeso coma un elefante para rodar algunha secuencia... Despois marchouse outra vez, e esta vez sí volveu irreconociblemente deformado para facer as escalofriantes secuencias finais do film. Nunca un sacrificio dou un resultado tan brillante. A De Niro debémoslle que esta película sexa un dos pilares do séptimo arte. Unha mención merece Joe Pesci que tamén cambiou o seu aspecto para o film, pero no seu caso foi adelgazando, e consegiu parecer máis vello e desmellorado ó final da peli.
A que sí que flipou cos métodos do meticuloso actor foi a Moriarty que debutaba con esta perla do cine, e tíñase que enfrontar cada día a esta forza da natureza, mentres Martin Scorsese disfrutaba como un anano e frotábase as mans coas en maravillas que estaba grabando. De Niro, como sabedes, é un gran improvisador, e constantemente sorprendía a Moriarty con frases que non estaban no guión ou con movementos e xestos desconcertantes. A pobre rapaza apenas podía darlle a réplica, e non tiña máis remedio que quedarse en branco sen decir nada, e aguantar o tipo como podía (algo que por outro lado é normal no papel dunha adolescente casada cun bruto italo-americano ultramachista que non ten dereito a contradecir ao seu home) . Pero dá igual... Co guapa que está na peli, o espectador namórase de inmediato da súa fría beleza... Do que sí non se librou a nena era dunha boa ración diaria de hostias reais que lle propinaba Bobby, disposto a facer o traballo o máis realista posible. Digamos que cada vez que Scorsese gritaba "acción" nunha das esceas de violéncia doméstica, o actor daba o mellor de sí mesmo... O pobre Pesci tamén acabaría como o rosario da aurora nas súas escenas co coloso. Pesci sí sabía improvisar con mestría, pero non podía evitar acabar co corpo morado, pero feliz de que toda esa leña servise a unha boa causa: a realización da mellor película desa década.
En fin... Qué máis podo dicir...? Poderíanse encher gigas e gigas con anécdotas e análisis sobre esta peli... O mellor que podo facer é volver a vela por enésima vez e descubrir asombrado que cada vez que a vexo me mola máis...

O quimérico inquilino

(The Tenant/Le Locataire, Roman Polanski, 1976)

Non sei, pero dame a impresión de que Polanski tivo algún tipo de problema cos seus veciños. Só hai que fixarse nesta película, ou en outras obras mestras como "Repulsión" (65) ou "A semente do demo" (68), para darse conta da peculiar idea que tiña de vecindario este excelente director.
Un tipo que sufriu unha vida de lo más jodido: foi xudío na II guerra, Charlie Manson matou á sua muller embarazada influenciado polo album blanco dos beatles, foi acusado inxustamente de corrupción de menores por un xuiz psicópata e tivo que fuxir de USA... Sí... Esto explicaría en boa medida o tono escuro e enfermizo das súas películas.
Nesta, por exemplo, respírase un ambiente malsano que acojona amazo, pero tamén se lle engade un humor negrísimo que lle da un toque máis chungo, se cabe. Protagonizada polo propio Polanski nun papel que pon dos nervios, a peli vai dun inquilino algo gilipollas que alquila un apartamento nun edificio onde vive unha xente do máis rarito. Este argumento enlaza directamente con "A semente...", onde, como recordaredes, os veciños eran uns simpáticos satánicos que volvían tola á pobre Mia Farrow, con localizacións no tristemente célebre edificio Dakota en NYC (onde mataron a Lennon, e viviron seres tan malignos como Aleister Crowley e Yoko Ono...), pero no caso desta peli, o edificio está en París e os veciños non son exactamente satánicos. O que sí son é acojonantemente divertidos (por exemplo os terroríficos Melvyn Douglas e Shelley Winters, á que quero como a unha nai...) e farán o posible por volver tolo ó protagonista (impagables escenas nas que xa lle empeza a vir a tolemia). Pero peor ainda son os "amigos" do pobre home, uns juerguistas de carallo, que dan lugar ás esceas máis divertidas da peli.
Polanski está xenial, tanto diante como detrás das cámaras, así como no guión, pero hai que ter en conta que a historia está baseada nunha excelente novela do surrealista francés Roland Topor, un deses tolos que formou o Grupo Pánico xunto a Jodorowsky e Fernando "El milenarismo" Arrabal.
Así pois, esta é para min a mellor película do director, que xa é dicir... Lembremos que este tío fixo, ademáis das anteriormente citadas, a enorme "Chinatown" (74), a hitchcockiana e ochentera "Frenético"(88), a por momentos brillante "Lunas de Hiel" (92), a pequena xoia "A morte e a doncela" (94), rodada por certo, na costa da morte, a indiscutible peliculón que é "O Pianista" (2002), entre moitas outras... Pero para min, "Le Locataire" sempre será a máis especial polo seu incrible humor, pola época na que se fixo (Gran ano: Taxi Driver, O primeiro dos Ramones, O niño do cuco, a despedida de The Band, "Rocks" de Aerosmith, Marathon Man...etc) e sobre todo porque é un peliculón diferente, único e xenial.

Harold & Maude

(Hal Ashby, 1971)

Esta é probablemente a película co humor mais negro que vin na puta vida, pero ó mesmo tempo é máxica, romántica, orixinal, rara, fermosa, adiantada ó seu tempo (ainda hoxe parece innovadora) e absolutamente anarquista...
Harold é un rapaz obsesionado coa morte que simula todo tipo de suicidios, finxe as mortes máis delirantes do mundo, ten un cohe fúnebre e vai a todos os funerais que pode. Nun deles, atopará á súa alma xemela, unha vella divertidísima e entolecida, que pasa de calquera autoridade, sociedade ou orden establecido. Se necesita un coche, roubao. Se unha norma lle toca as pelotas, sáltaa... Ela é libre. Harold fascínase por ela, e... por suposto, o inevitable amor entre un adolescente (o actor co careto mais deliciosamente freak do mundo) e unha vella de 80 anos (unha punk de pés a cabeza) non tardará en xurdir...

Incrible argumento, verdade? Se a isto lle sumamos as interpretacións dos protagonistas (Bud Cort e Ruth Gordon), dos secundarios (ese militar loco, ese psiquiatra, esa nai de Harold buscándolle moza ó chaval, esas mozas que escapan correndo... JAJAJA! a escena na que Harold se corta a man cando lle presentan a unha aterrorizada rapaza é do máis divertido que vin nunca...) e un guión non apto para un público adulto no seu sano xuizo (por suposto, os críticos con estas características non a soportan) da lugar a unha das películas mais únicas da historia...

Queredes mais? OK... Dirixe ese tolo jipi drojadicto barbudo-melenudo chamado Hal Ashby, que no futuro nos deleitaría con outras obras sorprendentes ("O último deber" (1973) con Jack Nicholson... "Shampoo" (1975)... "Esta tierra es mi tierra" (1976), biobic do cantante Woody Guthrie, "Being There" (1979) con Peter Sellers...). A foto é de John A. Alonzo (o que fixo tamén a desa obra mestra de Polanski chamada "Chinatown" (74) e a de "Scarface" (83) de De Palma, con Pacino todo enfarlopado...). E por suposto, hai que citar a máis que correcta música de Cat Stevens... Ese antiguo jipi que agora é taliban perdido.

Eu quédome con dúas escenas inolvidables: O incrible plano xeral do cementerio, e a intensa escena na que Harold lle da a Maude o seu regalo de cumpleanos... e ela o tira a un río... "Así saberei sempre donde está..." dí a entrañable vella... Fantástico, non?

Así é Harold e Maude... Unha loucura de culto que moitos críticos detestan, e que a min me apasiona ver de vez en cando para subirme a moral. Unha marabillosa historia de amor sobre a morte, e sobre todo, a vida... Un peliculón, vaia.

Cabeza Borradora

(Eraserhead, David Lynch, 1977)

Rumoréase por aí que esta primeira longametraxe de Lynch costou só 10000 $, algo absolutamente inaudito, e ó mesmo tempo fascinante. Unha vez rodada (tardou como 6 anos en acabala), converteuse pouco a pouco nunha película de culto nos cines de arte e ensaio (o propio Kubrick afirmou que era unha das súas películas favoritas), e abriulle as portas a un director absolutamente marciano cun estilo personalísimo e claramente anti-comercial, que no futuro nos deleitaría coas estranas e fermosísimas obras mestras que todos temos en mente.
Pero o caso é que en 1971, unha película así de experimental e freak era impensable, algo só apto para os circulos artísticos máis herméticos. Eso a un tipo como Lynch, non lle importou demasiado. Sacou pelas debaixo das pedras, vendeu periódicos, pediulle cartos a todos os seus colegas e familia, e con moitísimo esforzo, conseguiu sacar adiante este proxecto que chegou aos nosos días como unha obra de culto interesantísima e apaixoante (como, por outro lado, son todas as súas pelis).
David Lynch, 100% americano, excelente fotógrafo, sublime pintor e escultor, e sorprendente deseñador de muebles (en moitas das súas pelis salen as súas creacións... Por exemplo na salvaxe "Lost Highway" (97), a casa na que vive o matrimonio Arquette-Pullman, é a súa propia casa, con esas lámparas, esa iluminación xenial...). Pero ante todo é un dos mellores directores das últimas décadas. O seu cine non é dixerible para todos (ainda que ten casos como as marabillosas "The Elephant Man"(80) e "The Straight Story "(99) que se poden clasificar como películas "normais"), e non sempre é doado de ver. A verdade é que ou o odias con todas as túas forzas ou o amas con loucura (ainda que ás veces non te enteras de nada...!). Cando, por exemplo, gañou en Cannes por "Corazón Salvaxe", levantou ampollas entre algún crítico, que creía que esta peli era unha especie de broma ou algo así... (Je, je... mola cabrear a algunha xente...) En todas as súas pelis, o surrealismo e os soños están moi presentes. As veces todo se volve delirante. Sempre hai como unha violencia latente nun submundo, e sempre hai moito, moitísimo sentido do humor, todo mesturado cunha elegancia impresionante, e normalmente, cunhas bandas sonoras excelentes (dende Elvis ata Nine Inch Nails).
Na súa primeira película de hora e media, que é a que nos toca, dánse todas estas características e moitas máis que asociamos directamente con Lynch. Cunha fermosa foto en branco e negro que nos situa nunhas paisaxes industriais degradados (ver algunha das fotos do director), e cun son inquietante que nos acompaña durante toda a peli (algo que tamén se repetirá nas súas futuras obras), preséntasenos ao protagonista Henry Spencer (interpretado polo borracho, extravagante e malogrado Jack Nance, habitual de Lynch, que naquela época andaba con ese incrible peinado!), un tío rarísimo, que certo día se atopa cunha vella amiga, Mary X, que o invita a cear na casa dos seus pais (impagables as escenas da cena da familia X). Ata aí todo ben, pero Mary da a luz a un bebé prematuro deforme (Madre mía... impacta ver a este bebé... O propio Lynch nunca explicou cómo fixo semellante criatura, pero os ruxe-ruxes dín que o fixo cun feto de vaca (!) embalsamado...! Ja,ja,ja...), véndose Henry obrigado a casarse con ela. Comezará a vida familiar dos freak-pais da criatura, un ser que non para de chorar e que dá como un pouco de noxo, algo que algún estudioso pensa que é unha visión da paternidade do propio Lynch, que nos anos de rodaxe tivo a súa primeira filla. Os dous pais cuidarán de semellante enxendro, ata que Mary, que xa non aguanta máis os abandona tras só unha noite de convivencia, deixando a Henry cun marronazo de collóns. A peli, xa surrealista de por sí, vaise volvendo cada vez máis escura e entolecida, ata que chega a un final acojonante que non vos vou desvelar a quen non vira a película (tampouco estou seguro de se sería capaz de contarvolo...)
En fín. O caso é que a peli impacta pola súa orixinalidade e intensidade (ainda que ten referentes evidentes como "Un can andaluz" de Buñuel (29) ou a obra de Kafka), e é tan particular e única, que merece a pena verse. Hai infinidade de lendas sobre o seu rodaxe (o carácter hermético de Lynch que nunca explica nada das súas loucuras, e o reducido equipo de rodaxe que traballaba no tempo libre, fan que o misterio sexa maior), e xa non se sabe se son realidade, ou forman parte do universo de pesadelo da propia película. O director afirmaba que esta era a súa "Historias de Filadelfia" particular, pois viviu nesta cidade unha temporada e quixo reflexar as angustias, medos e tormentos que sufriu aí. Dende logo conseguiuno. Esta peli acojonoume e, o mesmo tempo marabilloume como poucas.

Este foi o inicio do tío que despois nos deleitaría con delicatessen como "Blue Velvet" (86), "Corazón Salvaxe"(90), a serie de TV "Twin Peaks" (90-91), e a súa precuela cinematográfica "Fire Walk with me" (92), ou a belísima "Munholand Drive" (2001), ademáis das pelis citadas anteriormente. A única peli que non me convenceu foi a súa última ida de olla, "INLAND EMPIRE" (2006), no que o nivel de loucura e confusión xa é, na miña opinión, excesivo.
Remato, coas sabias palabras dun Jack Nance trastornado experto en foguetes en "Corazón Salvaxe":

"O meu can ladra un pouco... Mentalmente, vós imaxinádesvos ó meu can, pero, eu non vos dixen o tipo de can que teño... Ó mellor imaxinádesvos a Toto, do "Mago de Oz"... Pero podo dicir algo: O meu can está sempre conmigo... GUAU!"

O Apartamento

(The Apartment, Billy Wilder, 1960)

Billy Wilder, Jack Lemmon, Shirley MacLaine, Fred MacMurray I.A.L. Diamond no guión, Adolph Deutsch na música (sí... o de "Lo que el viento se llevó"...). Sigo, ou quedou claro a importancia desta puta peli...? Arrasou en todos os putos premios, encandilou ó público, e ainda hoxe en día existimos uns cuantos fanáticos desta fermosa comedia romántica (Atención: xa sei que este xénero pode sonar chungo... Despois de vivir esas repugnantes "comedias románticas" dos 90's protagonizadas pola asquerosa Meg Ryan e diversos mongólicos máis é comprensible ter fobias... Pero os 50-60's eran outros tempos... E unha peli de Billy Wilder NUNCA decepciona...). O amor, dende logo é un dos temas principais da película (ademáis do capitalismo feroz, da explotación laboral, o acoso sexual, a figura do perdedor, a erótica do poder...), pero non é o amor empalagoso típico da películas... É... mmm... como o diría...? Real...? Divertido, tráxico, estrano, doloroso...
A mala hostia do tándem de guinistas Wilder-Diamond dou lugar a unha lista espectacular das comedias máis corrosivas da historia do cine... Fagamos unha selección: mmm... TODAS! Unha das miñas preferidas é esta obra mestra na que Wilder dirixe a Lemmon (ALELUYA!) facendo dun gris (e parvo) empregado-androide dunha empresa de seguros, obsesionado por ascender, e polo tanto, deixando o seu pisito de solteiro aos seus xefes para que se "reunan" coas súas amantes. Por suposto, o prometido ascenso nunca chega, e o que é peor... Lemmon namórase (nos ha jodido!) da preciosísima Shirley MacLane, amante do seu xefe, ascensorista da empresa, e usuaria do apartamento.
Como vedes, a trama vaise enredando e enredando, a medida que se suceden os gags máis divertidos do mundo, e todos caemos rendidos ante o simpático patetismo do protagonista, e a beleza pelirroxa de MacLane, a hijoputez dos xefes, a sorpresa dos veciños de Lemmon (que pensan que é un juerguista 24h non stop, cando en realidade é un pobre prigado que espera acatarrado na fría rúa neoyorkina a que os seus xefes acaben coas súas amiguitas, mentres lle vacían o mueble bar, que ainda por riba ten que repoñer el...) O meu personaxe preferido: O médico... Jaja! menudas hostias mete...!
Ahhh... A primeira vez que a vin encantoume. A segunda emocioneime. A terceira non podo describir o que sentín... E cada vez que a vexo, vou descubrindo cousas que me fan crer que a vida é máis e máis maravillosa... Jeje... Para eso vale o cine (e a música, e os libros...). Para mentirnos a nós mesmos un pouquiño...
Dicir que é a mellor peli de Wilder non é unha gilipollez... Dicir que é a mellor película da súa década, non é unha esaxeración... Dicir que é perfecta non é estúpido en absoluto. De feito, voulle botar güevos e afirmar que esta é a mellor comedia xamáis rodada!!!
Anos despois o mega-equipo Wilder/Diamond/Lemmon/MacLane repetiría (pouco despois de rodar Wilder a súa enésima obra mestra, a enloquecida crítica a Coca-Cola "Uno, Dos, Tres..."(61)) con "Irma La Douce" (63) na que se nos conta a divertidísima historia de amor entre una puta e un policía, esta vez, ambientada no París de principios de século. (outro despliegue de perfección).
Se non vistes estas películas citadas, e as demáis que completan a filmografía do xenio (insisto... TODAS son XENIAIS), a qué cojones estades esperando...? Aposto unha mariscada a que non volveredes a ser os mesmos despois de semellante revelación.

E para pechar, unha cita do libro de Wilder (que vos recomendo encarecidamente) "Nadie es perfecto":

"Todo é demasiado longo, menos a propia vida e o propio pene..." (Referíndose a que tivera que acortar "A vida privada de Sherlock Holmes" (1970) máis de unha hora por presións do estudio)