Exotica
(Atom Egoyan, 1994)O canadiense-armenio Atom Egoyan é un dos autores que mellor captan as emocións do ser humano, en especial as máis chungas. As súas películas non son doadas, pero son absolutamente maxistrais, e dunha fermosura sobrenatural. Calquera outro director que fale de temas tan peliagudos como os de Egoyan (a dor, sobrelevar o día a día, a ausencia dun ser querido...) facturaría soporíferos e pedantes metros de metraxe, só aptos para o espectador máis enteradillo, pero o cabrón de Atom, coa súa elegancia, a súa sutileza, e o seu tono misterioso e sensual, consegue facer verdadeiras obras mestras, que enamoran pola súa autenticidade.
É o caso de "Exótica", a súa peli máis popular que conta a historia dun grupo de xente variopinta, en torno a un club de striptis (durante o visionado, descubriremos as sorprendentes conexións entre todos eles). Tódolos actores están excepcionais, dende a cachondísima Mia Kirshner, movendo ese corpo hipnotizante enfundado en uniforme de colexiala (nunha das escenas máis quentes da historia do cine) coa música de Leonard Cohen (?); ata ese Elias Koteas, DJ e animador (?) implacable do club, e posuidor dun dos caretos máis particulares do último cine mundial. Mención tamén para o protagonista, e eixo central da peli, o inspector de facenda encarnado por Bruce Greenwood, que oculta secretos, desexos e recordos.
O guión do propio Egoyan é maxistral polo moito que suxire... Dobles, triples, múltiples lecturas para que un espectador desperto as interprete dende o seu propio interior. Por suposto, como toda polémica obra mestra, dividiu á crítica. A mín, dende logo, encantoume. Eses xogos coa narración, eses ambientes lynchianos-cronembergianos de suxerente escuridade mesturada con colores vivos (gran foto a das pelis deste home), esa música (Mychael Danna), eses dialogos, eses personaxes con diferentes cicatrices na alma... E ese final (posiblemente, o máis criticado). É unha desas pelis que che van dando información a cuentagotas, e ao final, todo encaixa dun xeito marabilloso (Ben feito, Atom... Que o espectador se lo curre un pouco tamén...). É unha desas pelis que se pode volver a ver otra vez (e outra, e outra...) para ir pillando máis e máis detalles que enriquecen o conxunto.
Cerremos estas liñas coa canción que sale no film: "Everybody Knows", de Leonard Cohen, en homenaxe ao cantante e ao director, dous canadienses de luxo:
Todo o mundo sabe que os dados están trucados
Todos os tiran cos dedos cruzados
Todo o mundo sabe que a guerra terminou
Todos saben que os bos perderon
Todo o mundo sabe que o combate estaba amañado
Os pobres seguirán pobres, os ricos serán máis ricos
Así son as cosas
Todo o mundo o sabe
Todo o mundo sabe que o barco estase afundindo
Todo o mundo sabe que o capitán mentiu
Todo o mundo ten a horrible sensación
de que o seu pai ou o seu can morreron.
Todo o mundo fala cos seus petos
Todo o mundo quere unha caixa de bombóns
E unha rosa de tallo largo
Todo o mundo o sabe
Todo o mundo sabe que me queres, nena
Todo o mundo sabe que iso é verdade
Todo o mundo sabe que foches fiel
Quita ou pon unha noite ou dúas.
Todos saben que foches discreta
Pero foron tantos cos que cumplir
sen as túas roupas
Todo o mundo o sabe
E todos saben que é agora ou nunca
que somos tí ou eu
E todos saben que vives para sempre
Ah, con unha ou dúas raias
Todo o mundo sabe que o sistema está podre
O vello negro, Joe, segue recollendo algodón
Para os teus galóns e barcos
Todo o mundo o sabe
Todo o mundo sabe que se achega a plaga
Todo o mundo sabe o axiña que avanza
Todo o mundo sabe que o hombre e a muller espidos
son só un brilante artificio do pasado.
Todos saben que a escea está obsoleta
pero haberá un medidor na túa cama
que revelará
o que todo o mundo sabe
Todos saben que tés problemas
saben o que estiveches pasando
dende a sanguenta cruz na cima do Calvario
á praia de Malibu
Todo o mundo sabe que esto se fai anacos...
Bota un último vistazo ao Sagrado Corazón
antes de que estoupe
Todo o mundo o sabe...
No hay comentarios:
Publicar un comentario