Sendeiros de Gloria
(Paths of Glory, Stanley Kubrick, 1957)
Francia, 1916, 1ª Guerra Mundial... Os soldados morren como moscas nas trincheiras. Unha puta carnicería...
Detrás de todo isto, están os xenerais, como o odioso Xeral Mireau (un impecable George McReady), tomando o té e bailando o vals en mansións versallescas, non dubidando en poñer en perigo as vidas dos seus homes como se foran putas fichas de parchís.
Nunha desastrosa maniobra, os franchutes non teñen máis remedio que retirarse a causa do virulento ataque enemigo, e o fodido xeneral entra en cólera. Tres soldados pagarán por todos ante un pelotón de fusilamento por tan imperdonable cobardía. O Coronel Dax (Kirk Douglas) que loitou codo con codo con eles,flipa ante tan surrealista orde, e loitará por salvar a eses homes, seguindo ó seu corazón, que non se corrompeu despois de ver tanta merda e morte.
Como vedes, nesta peli bélica, non sabemos ben quen é o enemigo (despois de todo, non se ve un puto alemán en todo o metraxe), despertando no espectador un intenso sentimento de rabia, e querendo que se faga xusticia!. E quén mellor que Stanley Kubrik para despertar esos nobles sentimentos en nós!
Todo comezou con un Kubrik de vintetantos anos, empeñado en levar esta historia (real) ao cine. Todo dios rexeitou a este individuo que pretendía rajar da guerra e inducirnos a ser maricóns antimilitaristas e amarnos los unos a los otros como asquerosos comunistas. Todos os estudios o mandaron a freir espárragos, ata que o guión caeu en mans do tarado de Kirk Douglas, que presionou ata conseguir que a United Artist aceptara rodala. El sería o protagonista (moi ben feito, Kirk), e por suposto, Kubrik o director.
Dicho y hecho... A peli rodouse en Alemania, e no seu estreno, despertou as iras de todo Cristo... Curioso, verdade? Unha peli con tan nobles propósitos foi boicoteada por todo tipo de energúmenos. Francia conseguiu parar as proxeccións e todo. Suiza, con su puta neutralidaz fixo lo mismo de lo mismo... Incrible. Ata o 1975 non se estrenou no país da Liberté!!! En Espiñi, xa nin che digo. Cando se estrenou, eu xa tiña pelos no pito.
Eso fainos reflexionar... Unha peli que é crítica, non che digo que non, pero con intencións totalmente boas foi vapuleada ata a saciedade! Por qué...? Bueno... Só hai que botar un vistazo ao que pasa no mundo para darnos conta de o porqué... A guerra é necesaria para catro banqueiros, cinco momias con uniforme e dous psicópatas que gobernan o mundo. Canto máis nobles sexan os soldados no celuloide, canto máis xusta pareza unha guerra, mellor para eles (cartos, poder...) Non igual para os miles de soldados/ganado que palman a diario sen saber porqué güevos están loitando...
En fín... Póñome enfermo... Mellor, falemos de cine...
As pelis de Kubrik non necesitan ser defendidas, pero sí adoradas. Me pongo de rodillas e bico os pés deste mestre, que nos describe e analiza a guerra máis salvaxe coa súa cámara. Unha cámara parcial e heróica, que se mete por todos os currunchos para denunciar a guerra e a la re-puta madre que a inventou. Uns escenarios dantescos (a trincheira) que contrastan cos maxestuosos palacios onde fan a guerra os xenerais... Uns incribles actores, tanto principais como secundarios, un emocionante e ben dosificado ritmo, cheo de suspense, sentimento e acción. Unha fermosísima fotografía en branco e negro, que plasma con sinceridade e sensibilidade o inferno da Gran Guerra. Un vestuario que quén mo dera no meu armario... Mataría por unha desas camisas do exército francés (ainda que hai que recoñecer que os alemáns sempre tiveron mellor gusto)...
Etc, etc, etc... Qué podo dicir??? Todo é perfecto. Obra mestra indiscutible. Mellor película (anti)bélica da historia... Non sei... Quédome corto.
Só lembrar dúas secuencias inolvidables: Douglas recorrendo as trincheiras nunha das mellores planificacións do cine, e por suposto, esa escena final... Os ollos énchenseme de bágoas cada vez que a vexo... Pódese dicir que é a miña escena preferida do cine... Gracias Stanley, por rodar a túa futura muller cantando esa canción alemana para os soldados franceses...
GRACIAS!!!!
Pouco despois, o tándem Kubrik-Douglas repetiría noutra inolvidable obra mestra con múltiples lecturas e matices: "Espartaco" (1960), outra peli que hai que ver antes de que deixedes este mundo cruel.
2 comentarios:
Clásico... debe ser a que repites o director ou=? xD
tio...
comprende que Stanley é moito Stanley...!!!!
e ainda teño pensado meter algunha máis...
2001?
Chaqueta?
Naranxa mecánica?
resplandor?
lolita?
Barry L.?
bufff...!
dificil...!
se fora honrao, metíaas todas.
Publicar un comentario