8 1/2

(Federico Fellini, 1963)

Dentro do cine italiano atopamos grandes artistas indiscutibles dende que o papa León XIII bendeciu a primeira cámara: Aí están Rosellini (Pai do neorrealismo e maromo de Ingrid Bergman), Visconti, o grandísimo Vittorio De Sica, os personalísimos Pier Paolo Pasolini e Federico Fellini, dous autores tan particulares, que é imposible metelos en calquera movemento ou corrente... Quédanme moitos cineastas espagueti no tinteiro, pero sería imposible nomealos a todos. Eso sería como citar a todos os pintores italianos do renacemento. En fín... A quen sí teño que lembrar é a Sergio Leone...
Pero falemos de Fellini... Este tío non só foi un cineasta libre, entolecido e divertidísimo, senón que nun principio foi o histórico guionista de "Roma, Citá Aperta" (45) e "Paisá" (46) ambas de Rosellini. Despois rodaría xa como director numerosas e fantásticas obras, todas co seu innovador e fresco toque: "La Strada" (54), fermosísima e lírica obra sobre o mundo do circo protagonizada por Anthony "La Bestia" Quinn, "Le Notti di Cabiria" (57) coa muller e musa de Fellini, Giuleta Massina facendo de inolvidable putanna, "La Dolce Vita" (60) con Mastroianni e ese mítico baño da sueca despampanante na Fontana di Trevi, "Giuletta degli spiriti" (65) xa en cor (e vaia cor!) e de novo cunha impresionante Massina, "Amarcord" (73) loca e surrealista fábula autobiográfica da súa infancia, "Casanova" (76) na que se conta con barroquismo e levando o seu mundo á máxima expresión, a vida deste ligón encarnado por Donald Sutherland... Como comprenderedes, quedan moitas máis pelis del por citar, pero tanta enumeración aburre máis que unha peli de Antonioni, así que imos ó grano...
8 e medio...
Fellini sorprende novamente cunha fábula medio autobiográfica sobre o jodido que é ser creador, e para elo conta co seu alter-ego Marcello Mastroianni, ese ser entrañable que pasou a historia como o máis característico actor italiano, e que nesta peli está xenial, encarnando a un director de éxito en crise creativa, sempre agobiado pola súa muller, as súas amantes (impagable a escena do harem), o paverísimo productor/mafioso, a aparición da súa nai... Ás veces sufre alucinacións, recordos, visións, soños... que Fellini mestura coa realidade, dando lugar a unha divertida e lírica confusión que conclúe nun apoteósico final. Finalmente o bloqueo do artista é utilizado como ferramenta para volver a crear...
Esta peli é maravillosa... Moi especial, xa sexa pola presencia de Mastroianni, a Cardinale, ou esa popularísima música de Nino Rota, outro habitual no cine de Fellini. O seu rollo expresase aquí con claridade e beleza fotografiada en branco e nejro: os recordos, paiasos tocando instrumentos musicais, o mundo onírico, miles de italianos xesticulando como epilépticos, paisaxes metafísicos mediterráneos, tetudas, a ninfómana da vila, intelectuais, os pais, os curas, o circo, o mafioso... Este mundo particular que el conta tan ben e que dou como resultado unha das suas mellores películas, unha das mellores do cine italiano, e por suposto, unha das 100 mellores películas para este capullo que está a escribir este emocionado homenaxe.

4 comentarios:

Unknown dijo...

Xa era hora de que actualizaras, o traballo dun artista é moi duro e debes estar ocupadirmo jajaja... mmm a parte diso... non vin este filme, pq nunca me atraeu especialmente Fellini... non sei se polo nome ou que xDD... pero prometo observar este filme en canto o baixe. Saúdos.

* dijo...

non sei, meu...
un tío tan particular non é apto para todos os justos.
é como a tortilla con cebola (puaj!)

pero, en fin... nunca está de máis descubrilo por tí mesmo...

A primeira que vin eu del foi "Amarcord", e ver toda esa mierda felliniana trastornou o meu adolescente cerebro. Dende esa inolvidable e amorosa gorda tetuda, ata o famoso Jaimito (Alvaro Vitali, gran actor de comedia erótica italiana dos 70's, un xénero que reivindico dende aquí...), ou ese vello que non quería baixar dun arbol ata conseguir unha muller... (por citar tres ou catro detalles da peli...)

Despois diso, fun descubrindo o seu personalísimo cine, do que me fun enamorando cada vez máis.

O meu consello: Como lle dixo Courtney a Kurt, proba...!

Unknown dijo...

Jajaja, ok, fareino...Amacord... así chamou o meu tío ó seu primeiro grupo de heavy metal jajaja

Bandeira Negra dijo...

coñó!!!

jajaja

pois podédelos levar a Revoltosa'08!!