A Cousa

(The Thing, John Carpenter, 1982)

Carpenter... É ridículo reivindicar a un artista deste calibre... Salvando as distancias, é como reivindicar a Velazquez, pero ainda queda moita xente que se queda coa capa superficial do seu cine, sen darlle a debida importancia á profundidade que encerran as súas obras, xa sexa dende un punto de vista cinematográfico, artístico, ou directamente humano. Por suposto, hai unha boa parte da crítica que o respeta, e mesmo o venera. Pero da igual... A quén lle importa o que diga un crítico...?
Sempre disfrazadas de "serie B", cine que sen dúbida mamou e amou, as súas películas teñen esa atractiva inxenuidade que mestura sátira, fantástico, terror, épica, política e cine en estado puro, que nos fan ver a grandeza que existe en contar unha historia coa imaxe en movemento, e de paso, ilustran a caricatura que en realidade é a nosa vida. Todo mesturado cun sentido do humor incrible.
Repasemos só algún cumio da súa obra, e corrámonos de justo: "A noite de Halloween" (78), obra mestra, pionera do novo terror, e unha verdadeira lección de uso do primeiro plano e da música (do propio Carpenter) como eficaces elementos expresivos. "A Néboa" (80), de novo cunha cachondísima Jamie Lee Curtis, "1997: Rescate en NYC" (81), co que será o seu actor fetiche Kurt Rusell e outra obra mestra cun dos mellores guións da historia do cine. "Golpe na pequena china"(86) infravalorada comedia de artes marciais, chea de mala hostia e diversión. "O pobo dos malditos" (95), remake da excelente peli de terror de Wolf Rilla, na que salen eses inolvidables (e espeluznantes) nenos rubios causando o terror nos adultos... etc, etc,etc...
Outro remake inolvidable é "A cousa", baseada na peli do mestre Howard Hawks.
Hai que situarse: Unha estación científica na Antártida, aillada, rodeada de miles de kms. de neve. Uns tipos viven nela dende hai unha temporadiña, incluido un alcolizado Kurt Rusell. De súpeto, aparece un can, perseguido por uns noruegos entolecidos. Algo malo debe ter o animal... Efectivamente. Non tardaremos en decatarnos de que un alieníxena pode tomar a forma do que ten ao seu carón. E surxe o pánico, e con el a desconfianza... Calquera dos tipos que están aí aillados no medio da nada pode ser a cousa... Uns desconfían de outros, as cousas vanse das mans, e non tarda en morrer xente, xa sexa polo alien, ou polos seus propios compañeiros, nun estado de histeria e paranoia.
Como vedes, Carpenter explora a psicoloxía do ser humano, e fai un brilante estudio do medo, pero ao mesmo tempo, non escatima en efectos especiais, que son realmente impactantes (ese ano o oscar aos FX levaríaos E.T., un alieníxena que en nada se parece á Cousa...) e as escenas de acción serán de lo mejorcito de toda a puta historia do cine. Todo rodado co clásico ritmo de Carpenter, da lugar a un excelente film no que se refire á tensión narrativa. O director xoga coa historia, acentuando o que lle interesa mediante poderosas elipsis, a iluminación e esa desestabilizante música (esta vez de Morricone), para que nin o espectador sepa quen carallo pode ser o bicho hijoputa.
Outra vez, Carpenter sérvese do seu xénero preferido para falar amargamente do ser humano. Ao contrario que E.T. (película que tamén me encanta, faltaría máis) descríbenos como animais aillados, sós, desamparados, e sen poder confiar uns nos outros, por moito que pensemos o contrario, pero ao mesmo tempo (como o bicho) necesitados de perpetuar a nosa repugnante especie. "A cousa" ven sendo un excelente e irónico retrato do ser humano como fillo de puta, contado da mellor forma posible por un auténtico mestre do xénero.
Do 1 ao 10, doulle un 11 (e quédome corto).

No hay comentarios: