O roña e a furia

(The Filth and the Fury, Julien Temple, 2000)

O xénero documental deixou varias xoias dentro da séptima arte... Agora mesmo véñenme á mente películas tan fascinantes como "El triunfo de la Voluntad" (1935) de Leni Riefenstahl, "El misterio Picasso" (1956) de Clouzot, "Fraude" (1974) de Orson Welles, "General Idi Amin Dada" (1974) de Barbet Schroeder, "La Batalla de Chile" (1975-79) de Patricio Guzmán, "Cuando éramos Reyes" (1996) de Leon Gast, "Lost in La Mancha" (2002) de Keith Fulton e Louis Pepe, "No direction Home" (2005) de Scorsese, a gratuita "Zeitgeist" (2007) de Peter Joseph... Grandes e interesantísimas películas coas que, ademáis, aprendemos un güevo... Nese sentido, os meus preferidos son os documentais de historia, que non me canso nunca de ver... Alguén dixo unha vez, que o documental, ainda que sexa de historia, é o xénero máis subxetivo do cine... Paréceme unha afirmación absolutamente certa.
E a historia é precisamente o que trata Julien Temple neste magnífico (e subxetivo) documental. Non vou ser eu quen eleve aos altares a este director, sen embargo, con esta película teño que quitarme o pucho e recoñecer o bó traballo que fixo.
¿Quénes foron os Sex Pistols...? Esta complexa pregunta é a que se nos tenta respostar nesta peli. Pero non vos creades que a música é a única protagonista da peli... Tamén contemplamos unha intensa descripción do contexto histórico-social do Reino Unido da época (época jodida, de folgas, hostias, fame, fascismo, e miseria). Non é unha peli exclusiva para os fans da banda, senón que a pode ver calquera que estea interesado na Historia e na socioloxía.
O film conta, cómo non, cunha banda sonora acolloante (non só dos Pistols...) que sona durante todo o film, e os protagonistas contan en primeira persoa o que supuxo o nacemento deste grupo, e a explosión punk británica que veu inmediatamente despois. Grandes declaracións que esclarecen cómo un mal grupo pode facer música con maiúsculas.
Sorprendentes as declaracións de Johnny Rotten (nunca puxen en dúbida a súa gran intelixencia, pero nesta peli parece un puto filósofo...) e as distintas imaxes que aparecen durante o metraxe (animacións, Ricardo III, Tv da época...).
Por suposto, o malo da peli é o pérfido Malcolm McLaren, o manager, que no ano 80 contratou a Temple para rodar un falso documental sobre os Pistols ("The Great RNR Swindle", puta mierda de peli...), no que el era o cerebro de todo o cotarro... 20 anos despois, Temple contraataca e pon a parir (todo dios o pon a parir) a McLaren, como un fillo de puta que se forrou a costa do xenio da banda, e que prácticamente matou a Sid Vicious... (por certo impagables as entrevistas a este entrañable cacho de merda, coa súa camiseta con esvástica toda jomitada...)
A única cousa que boto en falta son as homenaxes a outros grupos da época, e sobre todo a Ramones, que iniciaron o Punk no seu mítico viaxe a England ese 4 de Xullo do 76. O público eran os Pistols, Os Clash... e un ano despois, estes grupos inglesitos eran número 1 nas putas listas tocando a música que viran nese concertazo, mentres os Ramones (incriblemente) nunca se comeron nada, véndose obligados a tocar nas salas máis infectas do mundo

Temple rodou no 2007 outro documental sobre o lider dos Clash... "Joe Strummer: The Future Is Unwritten"... Se está a metade de ben que éste, haberá que velo...

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hai que poñer a currar o eMule xD

* dijo...

pois recomendoche que o primeiro que baixes sexa esto...