Touro Salvaxe

(Raging Bull, Martin Scorsese, 1980)

De novo Scorsese. De novo DeNiro e Pesci. Estamos a falar da mellor película de boxeo da historia do cine, baseada na vida do mítico Jake La Motta, un verdadeiro jañán que chegou a estar no máis alto da categoría de pesos medios nos anos 40, e que caeu en picado na decadencia e no abandono por culpa do seu caracter sicótico e violento. Un guión así só podería estar escrito polo grandísimo Paul Schrader ("Taxi Driver"), que se interesou de inmediato pola historia interior do boxeador, chea de contradiccións que mesmo rozan o espiritual... E por suposto, o protagonista tiña que ser Bobby De Niro, unha auténtica besta da interpretación neses anos, disposto a xogarse a saúde por crear un papel convincente. Dende logo, acadouno con sobresaínte, pois o seu Jake La Motta é un dos mellores papeis da puta historia do cine.

Scorsese volveu a facer outro retrato dun individuo de complexa psicoloxía, co seu estilo habitual, que nesa época era dunha calidade acojonante, pero esta vez cunha incrible fotografía en branco e negro dun Michael Chapman en estado de gracia, que da lugar a planos e movementos de cámara do máis orixinal. As secuencias de combates son absolutamente impactantes e variadas... 9 pelexas mostradas de formas diferentes, con maravillosos trucos visuais que impiden que nos aburramos. Dende logo, a montaxe mereceu o oscar que levou, pois moitas veces parece que esteamos encima do puto ring.

Pero, como todos saberedes, o máis lexendario desta obra mestra é o sacrificio que fixo De Niro para encarnar ao bruto boxeador... O fillo de puta engordou uns 30 kgs. nun par de meses!!! Decídeme sinceramente se os babosos que pululan na actualidade por Hollywood farían eso... Definitivamente non me imaxino a Matt Damon, Ben Affleck ou o agora íntimo de Scorsese, Leo DiCaprio facendoo... Dudo moito que cortasen siquiera os seus pelos de anuncio de champú... Pero ao gran De Niro daquela época só lle importaba poñer o seu personaxe ao servicio do film, ainda que iso conlevase graves problemas para a súa saude...
O rodaxe planeouse asín: as 10 primeiras semanas, rodáronse os espectaculares combates, para os que Bobby aprendeu boxeo directamente de La Motta, copiando o seu estilo e poñéndose cachas. As seguintes 10 semanas deron lugar ao rodaxe das secuencias dramáticas da peli, centrándose na relación co seu irmán Joey (Pesci) ou nos celos sen sentido cara Vicky (unha fermosísima Cathy Moriarty)... A partir de aí, empezou a bacanal de comida para o actor: Foise a Europa e púxose a comer descontroládamente, ignorando as advertencias dos médicos, e volveu obeso coma un elefante para rodar algunha secuencia... Despois marchouse outra vez, e esta vez sí volveu irreconociblemente deformado para facer as escalofriantes secuencias finais do film. Nunca un sacrificio dou un resultado tan brillante. A De Niro debémoslle que esta película sexa un dos pilares do séptimo arte. Unha mención merece Joe Pesci que tamén cambiou o seu aspecto para o film, pero no seu caso foi adelgazando, e consegiu parecer máis vello e desmellorado ó final da peli.
A que sí que flipou cos métodos do meticuloso actor foi a Moriarty que debutaba con esta perla do cine, e tíñase que enfrontar cada día a esta forza da natureza, mentres Martin Scorsese disfrutaba como un anano e frotábase as mans coas en maravillas que estaba grabando. De Niro, como sabedes, é un gran improvisador, e constantemente sorprendía a Moriarty con frases que non estaban no guión ou con movementos e xestos desconcertantes. A pobre rapaza apenas podía darlle a réplica, e non tiña máis remedio que quedarse en branco sen decir nada, e aguantar o tipo como podía (algo que por outro lado é normal no papel dunha adolescente casada cun bruto italo-americano ultramachista que non ten dereito a contradecir ao seu home) . Pero dá igual... Co guapa que está na peli, o espectador namórase de inmediato da súa fría beleza... Do que sí non se librou a nena era dunha boa ración diaria de hostias reais que lle propinaba Bobby, disposto a facer o traballo o máis realista posible. Digamos que cada vez que Scorsese gritaba "acción" nunha das esceas de violéncia doméstica, o actor daba o mellor de sí mesmo... O pobre Pesci tamén acabaría como o rosario da aurora nas súas escenas co coloso. Pesci sí sabía improvisar con mestría, pero non podía evitar acabar co corpo morado, pero feliz de que toda esa leña servise a unha boa causa: a realización da mellor película desa década.
En fin... Qué máis podo dicir...? Poderíanse encher gigas e gigas con anécdotas e análisis sobre esta peli... O mellor que podo facer é volver a vela por enésima vez e descubrir asombrado que cada vez que a vexo me mola máis...

No hay comentarios: