Buscando a Nemo

(Finding Nemo, Andrew Stanton & Lee Unkrich, 2003)

Animación...
Cantas obras mestras se fixeron na gloriosa arte da animación!:
Temos en primeiro lugar ós empalagosos peliculóns da maquiavélica Disney (Ah... Walt, hai tantas lendas sobre tí, que non se sabe o que é certo e o que non...) como "Peter Pan" (53), "Alicia en el pais de las maravillas" (51) (ambas son claras apoloxías da droga e a rebelión xuvenil...), "Dumbo" (41) (dios... sáltanseme as bágoas), esa maravillosa obra mestra que conxuga cine e música que é a vanguardista "Fantasía" (40) ou das longametraxes de debuxos da historia, "Blancanieves y los 7 nanitos" (37)...
Os Japos tamén teñen moito que dicir neste campo: Teño que recoñecer que cada vez me gusta menos a súa actitude freak marciana, pero quítome o sombreiro ante incribles películas de inmensa calidade como "Akira" (88), "Porco Rosso" (92) ou "A viaxe de Chihiro" (2001)... Mención aparte merece esa delirante e terrorífica obra mestra que é "Cat Soup" (2001)... É curioso como algunhas pelis "destinadas a nenos" poden aterrorizar a un meniño, creándolle un trauma para toda a vida... Nos bós tempos da TV de dous canales, ás veces poñían pola tarde algunha destas rarezas e cagábame de medo...
En fin...
Outras obras mestras dignas de estudio en escolas de cine e de alabanzas por parte de sesudos críticos???: Buff... Moitas... Moitas, moitas..."Shrek" (2001) e todas as súas partes, "Pesadilla antes de navidad" (93), ese fracaso que foi "O señor dos aneis"(78), "La novia Cadáver" (2005), South Park: Bigger, longer & uncut (2000)... Eu que sei...!
Se xa nos metemos en cortos de animación, sería imposible rastrear toda a merda que se fai hoxe en día... Hai tanta e tan boa, que non daríamos visto nos anos que nos quedan de vida nin un 1% das maravillas que se deben estar a facer... Por poñer, un par de exemplos que me encantaron: a mala hostia de Arthur Pins e as pequenas obras mestras de Mikhail Aldashin.

Pero agora ímonos centrar na gloriosa productora que actualmente está fabricando peliculóns como churros: "Toy Story" (1995) e "Toy Story 2" (1999), dous peliculóns como a copa dun pino, "Monsters, Inc." (2001), algo cursi, pero excelente..., "Los increíbles" (2004), acojonante peliculón que mestura xéneros con bó gusto e saber facer, a sublime Ratatouille (2007), e un par de etcéteras que aínda non vín... Sí, amigos amantes do cine... Estou a falar da xa mítica Pixar (hoxe propiedade do Maligno Emporio da Disney), innovadores na súa apabullante técnica e na súa linguaxe cinematográfica, capaces de facer cine para tódolos públicos sen faltarlle o repeto á intelixencia do espectador, acaparadores de premios, pioneiros na animación do S.XXI, e magníficos contadores de historias maravillosas...
... E dentro do seu bendito Cine, eu opto por esta xenial película que conta a historia dun peixe trenco que é raptado por uns buzos, e a busca que emprende o seu neurótico pai ata atopalo... Un viaxe cheo de emoción, humor e diversión. As persoaxes que salen son todas impresionantemente boas (dende os tiburóns, ata os habitantes-prisioneiros da pecera, pasando pola encantadora e desesperante Dory, e ese incrible banco de sardiñas rockanroleras...) Debuxos impresionantes, música moi aceptable e grandes dosis de entretemento e bó Cine con maiúsculas. Sí, sí... Porque esta peli (e xa sei que me repito, pero é a puta verdade, joder...) non só é unha das mellores pelis (para mín) de debuxos da historia, senón sinxelamente, unha das mellores pelis da historia... Iso sí... Na miña opinión é preferible vela en versión orixinal (recomendación aplicable a todas e cada unha das pelis desta lista...) antes que soportar as patéticas voces de pseudodobladores hispanos como o puto Manel Fuentes... Prefiro voces como a de Willem Dafoe ou Geoffrey Rush...!
Unha película sensacional.

3 comentarios:

Unknown dijo...

Buah jajaja... non a vin por suposto... xD, pero se a pos aquí será por aljo... xD

Unknown dijo...

Inda así... de animación acudiría millor ós nosos amigos os japónikos! xD

Bandeira Negra dijo...

creeme, tes que ver esta puta bomba! (e por extensión, todas as de Pixar...)