O Apartamento
(The Apartment, Billy Wilder, 1960)Billy Wilder, Jack Lemmon, Shirley MacLaine, Fred MacMurray I.A.L. Diamond no guión, Adolph Deutsch na música (sí... o de "Lo que el viento se llevó"...). Sigo, ou quedou claro a importancia desta puta peli...? Arrasou en todos os putos premios, encandilou ó público, e ainda hoxe en día existimos uns cuantos fanáticos desta fermosa comedia romántica (Atención: xa sei que este xénero pode sonar chungo... Despois de vivir esas repugnantes "comedias románticas" dos 90's protagonizadas pola asquerosa Meg Ryan e diversos mongólicos máis é comprensible ter fobias... Pero os 50-60's eran outros tempos... E unha peli de Billy Wilder NUNCA decepciona...). O amor, dende logo é un dos temas principais da película (ademáis do capitalismo feroz, da explotación laboral, o acoso sexual, a figura do perdedor, a erótica do poder...), pero non é o amor empalagoso típico da películas... É... mmm... como o diría...? Real...? Divertido, tráxico, estrano, doloroso...
A mala hostia do tándem de guinistas Wilder-Diamond dou lugar a unha lista espectacular das comedias máis corrosivas da historia do cine... Fagamos unha selección: mmm... TODAS! Unha das miñas preferidas é esta obra mestra na que Wilder dirixe a Lemmon (ALELUYA!) facendo dun gris (e parvo) empregado-androide dunha empresa de seguros, obsesionado por ascender, e polo tanto, deixando o seu pisito de solteiro aos seus xefes para que se "reunan" coas súas amantes. Por suposto, o prometido ascenso nunca chega, e o que é peor... Lemmon namórase (nos ha jodido!) da preciosísima Shirley MacLane, amante do seu xefe, ascensorista da empresa, e usuaria do apartamento.
Como vedes, a trama vaise enredando e enredando, a medida que se suceden os gags máis divertidos do mundo, e todos caemos rendidos ante o simpático patetismo do protagonista, e a beleza pelirroxa de MacLane, a hijoputez dos xefes, a sorpresa dos veciños de Lemmon (que pensan que é un juerguista 24h non stop, cando en realidade é un pobre prigado que espera acatarrado na fría rúa neoyorkina a que os seus xefes acaben coas súas amiguitas, mentres lle vacían o mueble bar, que ainda por riba ten que repoñer el...) O meu personaxe preferido: O médico... Jaja! menudas hostias mete...!
Ahhh... A primeira vez que a vin encantoume. A segunda emocioneime. A terceira non podo describir o que sentín... E cada vez que a vexo, vou descubrindo cousas que me fan crer que a vida é máis e máis maravillosa... Jeje... Para eso vale o cine (e a música, e os libros...). Para mentirnos a nós mesmos un pouquiño...
Dicir que é a mellor peli de Wilder non é unha gilipollez... Dicir que é a mellor película da súa década, non é unha esaxeración... Dicir que é perfecta non é estúpido en absoluto. De feito, voulle botar güevos e afirmar que esta é a mellor comedia xamáis rodada!!!
Anos despois o mega-equipo Wilder/Diamond/Lemmon/MacLane repetiría (pouco despois de rodar Wilder a súa enésima obra mestra, a enloquecida crítica a Coca-Cola "Uno, Dos, Tres..."(61)) con "Irma La Douce" (63) na que se nos conta a divertidísima historia de amor entre una puta e un policía, esta vez, ambientada no París de principios de século. (outro despliegue de perfección).
Se non vistes estas películas citadas, e as demáis que completan a filmografía do xenio (insisto... TODAS son XENIAIS), a qué cojones estades esperando...? Aposto unha mariscada a que non volveredes a ser os mesmos despois de semellante revelación.
E para pechar, unha cita do libro de Wilder (que vos recomendo encarecidamente) "Nadie es perfecto":
"Todo é demasiado longo, menos a propia vida e o propio pene..." (Referíndose a que tivera que acortar "A vida privada de Sherlock Holmes" (1970) máis de unha hora por presións do estudio)
1 comentario:
Sí señor xD
Publicar un comentario