Un dos nosos
(Goodfellas, Martin Scorsese, 1990)
Ahhh... Martin, Martin... Realmente eras consciente de que ías facer unha das mellores pelis da historia...? Porque ESTA é unha das películas que tiña que estar entre as 100 mellores (para mín) a collóns...
No meu caso, a primeira vez que a vín acabei, coa boca aberta, collín a jodida cinta (desgraciadamente, nunca vin a peli en pantalla grande, como debe de ser...) e púxena de novo para comprobar que era real a fodida obra mestra que acababa de ver... Hoxe, ese obsoleto cacho de VHS está totalmente desintegrado de tanto velo (non o tirei por respeto...) E cada vez que o vexo, máis me gusta, chico... Vela é sempre unha auténtica lección de cine coa que nos deleitou outra vez ese enano italiano con tan bó gusto.
Violencia, humor e unha das mellores banda sonoras da puta historia (algo que en Scorsese non ten nada de raro, pois a boa música está presente en todas e cada unha das súas grandes pelis). Unha película contada a base de detalles (o director afirma que son maioritariamente reais, recordos da súa infancia rodeada de gangsters italianos e curas...) A historia está levada cun ritmo sinxelamente PERFECTO... Estamos a falar de dúas horas e media de peli que parecen media hora!!!
Un excelente Ray Liotta (sen dúbida, no seu mellor papel) é o protagonista, que dende pequeno sempre quixo ser un gangster... E esa é a historia... A súa historia, dende que era neno, na que se describe con precisión, bó gusto e diversión, eses ambientes caricaturescos da mafia italoamericana de NYC. Pouco despois repetiría o mesmo esquema, guionista, protagonistas e concepto de "Godfellas" na moi similar (e tamén extraordinaria) "Casino"(95), volvendo a dar na puta diana; pero duns anos pa aquí, nun momento de flaqueza, Scorsese decidiu non volver a tratar os italianos como mafiosos, e agora dedícase a facer o mesmo cos irlandeses (Martin... Por Dios... "Infiltrados" (2006) está guay, pero tiña que ser con eses estereotipados mafiosos macarronis que coñeces tan ben...!)
Bueno... O caso é que nesta peli se nos describe a historia da mafia que rodea a Henry Hill (Liotta), un elenco de secundarios de luxo (...lembrades ós mafiosos dos Simpsons...?) facendo tropelías por gañar uns cuantos dólares. Todo dios está xenial nos seus maravillosos papeis de "goodfellas", pero sobre todos, destacan os dous compinches de Henry... Si, señoras e señores... Estou a falar dos inconmesurables Robert deNiro (o alter ego de Scorsese nas súas mellores obras) e Joe Pesci (no mellor papel que fixo nunca, que lle valeu un incuestionable Oscar e o elevou ó Olimpo das mellores interpretacións da historia...), tres tíos que o fan tan ben que cando ves a puta peli, pregúntaste se son realmente deste planeta. As mellores escenas, acaparaas Pesci, co permiso de Bobby DeNiro, pero a súa personaxe de Gangster cabreado, divertido e hiper-violento merece todo o metraxe do mundo.
Disparos, execucións, torturas, música excelente (dende as Ronettes ata o inolvidable My Way de Sid Vicious co que pecha a peli), unha posta en escea digna dun xenio, sangre, spaghetti, hostias, a acojonante voz en off de Liotta que nos fala directamente a nós para contarnos a historia, mafiosos de manual, planos secuencia de vértigo, moitos dólares, albóndigas, cocaina a raudales, un montaxe innovador (Thelma Shoonmaker, a habitual do director)..., Saul Bass nos títulos de crédito...
En fín... Podería estar liñas e liñas enumerando as virtudes da escandalosamente boa obra mestra, pero sería desperdiciar moitos uns e ceros deste jodido trebello... O mellor é volver a vela un día destes...
Douche un 10, Martin.
6 comentarios:
Gran película. De las cien mejores, sin duda.
Non a vin que eu recorde...pero o eMule creo que está a funcionar ben :)
sinverguenza...!
cine "gratis", música "gratis"... Cultura "gratis"...!!!
No te da verguenza, hombre...??
Adonde imos chegar!
Se non a viches, non perdas máis o tempo. Faite con ela, e disfruta da elegante hiperviolencia da mafia, ademáis de escoitar unha banda sonora exquisita, digna de poñer en calquer tugurio, como o Pub Arcos por exemplo, donde pon música ese atractivo pincha.
xDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDd
Quedei onte ata as 2 e pico da mañán vendo a peli... non me recordo se a vería na década dos 90... pero o que sí poido dicir, e que é xenial... e tes razón... ten un ritmo xenial que non che fai aburrir nin un momento. Absolutamente xenial!
je, je, je...
Malegro!
Con pelis así, non da vido o sono...!!!
Publicar un comentario