Apocalypse Now

(Francis Ford Coppola, 1979)

(Tamén é máis que válido o montaxe ampliado de tres horas e media do 2001, "Apolalypse Now Redux")
Estamos a falar, amigos, da considerada por non poucos, como a mellor peli bélica da historia, unha adaptación moi libre da novela de Joseph Conrad "O Corazón das Tebras", trasladada da África do XIX, ás selvas da penínsulas de indochina en plena guerra de Vietnam, onde xa se sabía que se ía perder, e todo era unha puta loucura.
A peli, desde logo, mostra a sinrazón do conflicto, e a forma paulatina na que todo dios perde o norte. Todo se volve cada vez máis irreal e enrarecido, os nenos soldados que participan na guerra están drogados todo o tempo, e parece que nos adentramos nun mal viaxe de ácido cara o interior de nós mesmos. A loucura invadeo todo, creándose un eficaz relato sobre a guerra... "O horror... O horror..."
A selva é o escenario perfecto para este viaxe interior que ten que facer Willard (excelente Martin Sheen) para asasinar a Kurtz, un coronel que virou tolo e creou o seu propio exército de nativos que o ven como un dios (Marlon Brando, efectivamente é Dios...), escoltado por unha patrulla de pirados nun barco (todos xeniais nos seus papeis) que se adentra cada vez máis no "interior das tebras". A guerra serve de infernal contexto para tales fines, e pódese sentir en cada puto fotograma da película o jodido que tivo que ser ese inferno... Riffs de Hendrix, néboas púrpuras, sons de ametralladora e aspas de helicóptero... Inolvidable está Robert Duvall (oscar), alias Coronel Kilgore, ese tolo do surf ó que lle encanta respirar napalm polas mañás, e que pon a toda hostia "As Walkirias" de Wagner para cargarse charlies coa súa aerotransportada... Fermosas e á vez terribles imaxes... "Sóbranme güevos para facer surf nestas praias..."
Como dixo Coppola cando gañou a Palma de Ouro de Cannes: "Isto non é unha película sobre Vietnam... Isto é Vietnam...", e non se equivoca, pois para sacar adiante semellante proxecto tivo que sufrir todo tipo de calamidades... Os que vistes o maravilloso documental "Hearts of Darkness: A Filmmaker's Apocalypse" rodado pola muller de Coppola, darédesvos conta do inaudito que é podela disfrutar hoxe en día, pois todo parecía ir en contra da peli... O proxecto prolongouse de la hostia, facendo perder tempo e diñeiro á productora, que xa tiña dabondo coas tormentas e enfermidades tropicais... Rodada en Filipinas, onde vivían o seu propio Vietnam, o excército deixoulle a Coppola os helicópteros mentres estes non andaban bombardeando aldeas de rebeldes. Moitas das escenas tiveron que ser cortadas porque os vehículos tiñan que marchar en pleno rodaxe para atacar a uns cuantos comunistas!!!... A Martin Sheen doulle un infarto con tanta presión e tanta enfermidade exótica. Finalmente, e tras ser aconsellado polos médicos de que non seguise adiente, puido finalizar o film... Afortunadamente, xa que nos deixou perlas como a de romper o espello (sangue real, amigos... O bó de Martin non só se cortou a súa man senón que recaeu no alcohol, que consegira deixar, para facer a escena máis conviencente... Todo dios quedou de pedra cando expulsaba improvisacións autobiográfico-suicidas de lo más chungo...). Por se todo isto fora pouco para o cada vez máis demacrado Francis F., Brando chegou tarde, rapado, con 30 kg. de máis e sen aprenderse o guión, facendo que se perderan moitísimos millóns, incluido o seu esaxeradísimo caché. Estivo semanas con Coppola estudiando o seu papel, que finalmente fixo como lle saiu dos güevos, improvisando esas maravillosas frases que todos sabemos... Dennis Hopper, enemigo de Brando negouse a compartir escenas con el, polo que se tiveron que "trucar" na montaxe... Etc,etc, etc...
O rodaxe foi un inferno, como unha guerra, pero finalmente, Coppola saiu vivo e victorioso, e o director de "O Padriño 1 e 2" e "Rumble Fish" poido firmar outra obra mestra. Iso sí... Contando coa inestimable colaboración de John "Conan O Bárbaro" Millius no guión, Vittorio Storaro na foto (Oscar), e a banda sonora de Rock and Roll máis acojonante do cine, que ilustra á perfección as movidas de Vietnam: The Doors, Hendrix, A Creedence, Johnny Cash, Beach Boys, Rolling Stones, Wagner...

E acabo con outra cita do Coronel Kilgore:

"Cheiras iso...? Chéiralo, rapaz...? É napalm. Nada no mundo cheira así... ¡Qué delicia ulir napalm pola mañá!. Un día bombardeamos unha colina e cando todo acabou, subín... Non encontramos un só cadáver desos amarelos de merda... ¡Qué pestazo a gasolina queimada...! Aquela colina cheiraba a... victoria..."

3 comentarios:

* dijo...

E falando da guerra máis rockanroleira, aí vai o meu ranking de cancións sobre Vietnam:

1) Run Through the Jungle (A Creedence)
2) Gimme Shelter (Os Stones)
3) The End (Doors)
4) Nowhere to Run (Martha Reeves & Vandellas)
5) Purple Haze (Hendrix)
6) Ball of Confusion (Temptations)
7) We Gotta get Out of This Place (Os Animals)
8) Masters of War (Bob Dylan)
9) Fortunate Son (A Creedence)
10) War! (Edwin Starr)

Anónimo dijo...

Jajaja, voa lista, algunhas distas cancións cando soan fante sentir coma no cauce dun río camuflado e cajado de medo jajaja.
Por certo...a peli...claro, TIÑA QUE ESTAR!

* dijo...

evidentemente, amigo de montaos... Se non cho dixen xa: Tí si que sabes!!

LSD, perdidos na selva de Vietnam e ese Rock and Roll cargado de enerxías positivas e negativas por igual sona na radio.
De pronto, mentres fumas un canuto, e falas de tetas cun soldado de Harlem, veñen os Charlies, atraídos pola música e
BUMMM!!!

Si... Vexo moitas películas...

PAZ!!!