La ley de la calle
(Rumble Fish, Francis Ford Coppola, 1983)
Peliculón que ten un elenco que quita o hipo: Dennis Hopper, Nicolas Cage, Chris Penn, Diane Lane, Tom Waits, Laurence Fishburne, Sofía Coppola e sobre todo... os dous mellores actores da súa xeración: Matt Dillon e Mickey Rourke, facendo respectivamente de Rusty James e El chico de la moto, dous iconos cinematográficos inolvidables, que lle dan ó concepto de interpretación novos significados.
Tamén detrás das cámaras a cousa é para tirar fogetes: Coppola e toda a súa mafia, guión de Coppola en colaboración da autora do libro orixinal Susan E. Hinton, xenial fotografía expresionista en b/n de Stephen H.Burum, música de Stewart Copeland, o batería dos Police...
E todo isto para contarnos a historia de unha familia (ah, Francis...) que está como encerrada nun acuario confuso, nunha cidade en decadencia, onde xa nada é igual que antes, ainda que todo siga igual. O punto de vista para narrar esto é o do chico da moto (Rourke), un daltónico xordo e medio autista, polo que as escenas son de lo más surrealistas (e bonitas). De ahí o uso maxistral do branco e negro (con certas pinceladas simbólicas en cor). Rusty James (Dillon) será o seu irmán pequeno, un pandillero que tentará emular ó grande, sendo só unha vulgar imitación do seu carismático estilo.
A peli, ó fin e o cabo, e unha reflexión sobre o tempo (na maioría das secuencias aparece un reloxio dunha forma ou outra...), sobre o rápido que pasa, sobre o lento que pasa, sobre cando pasa sen darnos conta, sobre cando se estanca, cando se paraliza, cando é igual dez minutos que dez anos...

Vamos, unha auténtica pasada!! Unha especie de película de outro planeta, quizais unha das poucas películas ochenteras que envelleceron con dignidade. Rara, fermosa, punk, sensible, acojonante... A peli máis bonita de Coppola!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario