A Ventá indiscreta

(Rear Window, Alfred Hitchcock, 1954)

Dentro desta lista das 100 mellores pelis, se foramos obxetivos, habería que meter unhas 15 ou 20 do mestre Hitchcock ("Rebeca" con Joan Fontaine e Lawrence Olivier, "Sospecha" tamén coa Fontaine e o meu actor preferido, Cary Grant, "Recuerda" con Ingrid Bergman e a surrealista colaboración de Dalí, "Notorious" con Grant-Bergman, irrepetible parexa, "A Soga", obra mestra con James Stewart, "Eu confeso" co grandísimo Monty Clift, "El hombre que sabía demasiado" e "Vértigo", de novo con Stewart, "Con la muerte en los talones", cun Cary Grant borracho no coche nunha das mellores escenas do cine, "Os Páxaros", "Marnie" ambas co último fetiche de Hitch, a rubia Tippi Hedren... E ainda quedan algunhas máis...), pero sería acaparar a lista para el só, e o espacio é reducido...
Así que optei, xunto con "Psycho", en poñer esta maravilla da época dourada do autor. Como vedes, ese gordito entrañable sempre se rodeou da élite de Hollywood, e nesta peli tivo o luxo de contar, nada máis e nada menos que cun mítico James Stewart coa perna escaiolada, e cunha fermosísima Grace Kelly antes de ser princesa de conto de fadas. Dúas figuras casi sagradas que me fixeron feliz mil veces coas obras mestras nas que participaron...
Pois falemos deste peliculón... En plena ola de calor en NYC, Stewart está inmobilizado por un accidente e só pode pasar o seu tempo mirando pola ventá pa ver o que fan os seus variopintos veciños do edificio de enfrente (onde por suposto, sae uns intres o director nun dos seus míticos cameos). Hitch conta en breves segundos a vida de cada un dos veciños cunha eficacia pasmosa, demostrando quén é o puto jefe (e de paso, fai un exercicio autobiográfico, pois el era un mirón de cuidao...).
Stewart observa sen ser visto as vidas dos demáis, aburrido de ter que estar sentado todo o día, morto de calor e agobiado por unha Grace Kelly que o presiona para que se case con el... E de súpeto, por diversas razóns, Stewart comeza a sospeitar que un veciño (Raymond Burr) se cargou a súa muller e a enterrou no xardín, convencendo e involucrando a Grace e a súa enfermeira (Thelma Ritter) nas súas paranoias. Hitch conta a historia sen apenas salir da habitación de Stewy, polo que nos da a información en cuentagotas facendo que o suspense se apodere da peli, e nos deixe coa incertidume de se todo son imaxinacións nosas e de Stewart (realmente, o que ve el, vémolo nós...), ou se realmente o veciño se cargou a súa señora. Momento cumbre é a de ver como esa cachondísima Grace Kelly entra na casa do presunto asasino, mentres nós observamos e nos sentimos impotentes, xunto co protagonista, de ver como o posible criminal está a punto de descubrila, e quizáis, de matala.
Unha peli fabulosa. Se sodes amantes do cine é imperdonable non tela visto, pois é, como moitas outras pelis do mestre inglés, un exemplo inmellorable de cómo se usa a linguaxe cinematográfica, cun ritmo escalofriantemente ben levado e unha historia contada con eficacia total...
... E se queredes indagar máis na obra do mestre, e de paso aprender unha leccións impagables de cómo se fai cine, a vosa obligación é facervos con esa obra mestra que é "El cine según Hitchcock" do apaixoado cinéfilo e mítico director François Truffaut, na que por medio de amenas entrevistas, aprendemos os máis elementales mecanismos para contar ben unha historia cunha cámara.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Non olvides Frenesí... que sendo sinxela para min é xenial... digna de ver un día festivo as 2 da mañan... a ventá indiscreta xenial...bueno... Alfredo é un xenio... supoño que elixir unha soa é menosprecialo! xD...Saúdos.

* dijo...

ya te digo!

supoño que esta é das miñas preferidas... Se a lista fora de 200 pelis, metería oito ou nove máis!!!

Como dis, frenesí, a súa penúltima peli en plenos 70's, é cojonuda. Hitch 100% (ahí está o tema do falso culpable...), con humor malicioso, erotismo (agora sí se explaya, nos putos 70's, competindo con "garganta profunda"), e sobre todo esa forma de contar as cousas sutil e eficazmente, onde cada fotograma che dá información e contribuye a crear ese suspense que te cagas...

VIVA HITCHCOCK!!!!!