Psicose

(Psycho, Alfred Hitchcock, 1960)

Alfred Hitchcock volveu a renovar a linguaxe cinematográfica con esta bomba, que influiu de forma devastadora nas películas posteriores, ademáis de darnos un dos personáxes máis aterradores da pantalla: Norman Bates, pai de grandes psicópatas como Leatherface ou O Director Skinner.
Todos temos en mente a escena da ducha, unha virguería sen precedentes na que coa axuda de múltiples planos consigue rodar un asesinato de forma acojonante, e sen enseñar unha miserable teta de Janet Leigh. En parte, temos que recoñecelo, esta famosísima secuencia débelle moito, por un lado á maxistral música de Bernard Herrmann, que nos acompaña toda a película meténdonos a a angustia no corpo, e por outro a ese puto artista chamado Saul Bass, autor do storyboard.
Non lle jodo a peli a ninguén se digo que a protagonista palma á metade de película, algo que neses anos era impensable. De feito, a metade de película, ese gordito entrañable empeza a contar outra historia totalmente distinta... ! Dun roubo pasamos a... En fín... Hitch deixou a todo Cristo coa boca aberta por enésima vez, sorprendendo pola audacia, a maestría e os collóns que lle botou.
Nin hai que dicir que a peli foi un exitazo nun cine que neses anos estaba competindo directamente coa maligna TV (formato no que o cabrónazo tamén dou un par de lecciós co seu fantástico pograma, presentado e varias veces dirixido por el mesmo)
Un dos grandes, Hitchcock... Sen duda. Un maestro... Un visionario... Un Psycho!!!

1 comentario:

LiliNcH dijo...

si baby, peliculón.

mitiqisima la escena de la ducha...

pues es interesante tu blog eh!