Malas Terras
(Terrence Malick, 1973)
Malick... Deleite ou tortura...? Quizais ambas cousas. As súas películas, feitas a cuentagotas ( 4 pelis en 35 anos), non son doadas, para qué negalo ("La delgada línea roja" (1998)), pero teñen algo moi especial... Maxia!... Despois de todo, este tipo vive encerrado ó máis puro estilo Salinger, consciente de que podería traballar con quen lle saira dos collóns, e tan chulo que pasa de promocionar as súas pelis... Todo un bicho raro, que, na miña opinión, só fai cine cando fai obras mestras, sen importarlle un güevo a taquilla, a crítica, nin os productores... Sen prisas, sen facer películas alimenticias... Só auténtico e personal cine.
Nesta peli, para min a mellor del, Sissy Spacek e Martin Sheen encarnan a dous asesinos cos que non podes evitar sentir empatía. No fondo son boas persoas, que dende un punto de vista retorcido, non teñen culpa ningunha de facer esas animaladas... Malick posiciónase claramente do lado deles, mentres unha surrealista- e fermosa- voz en off, narra as súas tropelías dunha forma poética e caralluda.
As paisaxes do cú do mundo americano remiten a Hopper, e Malick fílmaas cun cariño inusual. Paisaxe e persoaxes son unha mesma cousa, e non é máis que un retrato dese gran país que é USA, terra de perdedores, de solitarios, de indios e vaqueros, de outsiders, de xente de todos os tipos...
Se por todo esto fora pouco, Badlands ten unha das mellores bandas sonoras da historia do cine.
Martin Sheen afirmou que , das que traballou, esta é a súa pelicula favorita... A ver cando Malick nos sorprende con outra das súas personalísimas visións das cousas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario