Star Wars

(George Lucas, 1977)

Unha evidente obra de culto, á que miles de fans freaks idolatran como a octava maravilla. E que é evidente que esta peli e a súa saga (imos obviar a última triloxía) foi un clásico dende o mesmo día que se estrenou, xa que naqueles maravillosos anos 70, as películas facíanse de forma artesanal, con cariño e dedicación, mentres que agora, faise todo por ordenador, de forma perralleira, e ó carallo. Aqueles anos de inocencia, experimentación e loucura deron como resultado a súa meteórica carreira ó éxito (non só pola peli, senón máis ben polo merchandisinj), ben merecido, qué duda cabe.
Lucas, como gran cinéfilo, plasmou todo o seu universo neste xenial pastiche onde teñen cabida tódolos xéneros: aventuras, western, bélico, humor, romance, melodrama, culebrón... ecos de Kurosawa, de Ford, de Flash Gordon... O tio tirou todo nunha pota, e a ferver... Produciu, escribiu o guión e dirixiu esta película crendo en ela, confiando en sí mesmo fronte ás burlas dos demais, que o tachaban de jipi fumador de droja, e fronte ás trabas da Fox. E o jolpe saliulle redondo. O traballo dou o seu froito e o seu bó facer como director/guionista, e sobre todo como productor ("Indiana Jones", outra ilustre triloxía) fixeron o resto. Todo o que vemos nesta peli é lexendario...
A música de John Williams fixo posible unha vez máis que esta película trascendera máis aló do cine. Pódese dicir que a sintonía principal é unha das pezas máis famosas do 7º arte. Obsérvese tamén o maravilloso traballo de maquillaxe e vestuario (Chewbacca, os soldados do imperio, os robots...) e comparadeo co cine de ciencia ficción de alto presuposto de hoxe en día... Non hai comparación, verdade?
O carismático Dath Vader, a química entre Harrison Ford e Carrie Fisher, a presencia de Alec Guinness e Peter Cushing, os universos creados con todos esos monstruitos... Canto máis tempo pasa, máis peliculón é...
Se tedes unhas horiñas libres, unha noite vede esta peli, acompañada (por suposto) de "El Imperio contraataca" (80) e "El Retorno del Jedi" (83). Maratón que te transportará a outros mundos.

No hay comentarios: