Vive como quieras

(You Can't Take it With You, Frank Capra, 1938)

Unha verdadeira apoloxía do anarquismo e a individualidade fronte a un capitalismo feroz. Típico tema do inconmesurable Capra ( e o seu guinista, Robert Riskin), que nos presenta a unha familia de entrañables tolos... James Stewart (un dos meus ídolos) enamorarase da filla desta familia (a única medianamente normal), ainda que sexa o fillo do millonario hijoputa de turno, pero xa se sabe, que os cartos non significan unha mierda para as personaxes de bó corazón de Capra..
Deixando aparte se che gusta o director ou non (pódese dicir que o optimismo e a empalagosa inxenuidade de "Qué bello es vivir" (1946) non é para todos os gustos), hai que recoñecer que se trata dunha adaptación dun Pulitzer que describe a uns personaxes verdadeiramente tolos e divertidos (o profesor de música é absolutamente xenial) que o que nos ven a decir é que os cartos non traen a felicidade, e que é mellor vivir realizado, que ser un puto esclavo infeliz. Hai que ser un mesmo, non aparentar!!!
A peli é fodidamente entretida e, o mesmo tempo é conservadora e subersiva. Por ela non pasan os anos, e ten un 'toque' cojonudo... Pero en Capra eso era normal: "Sucedió una noche" (1934), "juan Nadie" (1941), "Arsénico por compasión" (1944), "Un gangster para un milagro" (1961)...

No hay comentarios: