Ninotchka

(Ernst Lubitsch, 1939)

Unha das miñas pelis preferidas... Motivos?
A) A bellísima Greta Garbo, e nesta película... non só se rie (a promoción da peli foi esa) senón que se parte o cú!!! Como digo, inigualable.
B) Billy Wilder... Con un guionista con tan mala hostia, a peli está feita...
C) Lubitsch... O mellor contador de historias do cine?
Mira, non sei. O que sei é que cada vez que vexo esta maravilla me gusta máis... E ten de todo! Elegancia, narrativa maxistral e suxerente, ritmo perfecto, sátira política, diálogos e situacións para ter un infarto coa risa, os mellores primeiros planos da historia, actuacións soberbias da Garbo e o absolutamente xenial Melvyn Douglas, unha química impresionante entre ambos, os enormes secundarios, un cameo de Bela Lugosi, etc, etc, etc...
Como dixo Wilder: "Esta película está rodada en París, naqueles maravillosos días cando unha sirena era una moza e non unha alarma, e se un francés apagaba a luz non se debía a un ataque aereo..."

No hay comentarios: