Santa Sangre

(Alejandro Jodorowsky, 1989)

Comprendo ós detractores deste chileno... Demasiado iluminado, un místico que abusa dos simbolismos, que ten unha extrana obsesión coa familia, enchufes no reparto (efectivamente, quizais as interpretacións dos seus fillos eran mellorables...) , delrios narrativos... Sí... Un puto colgado... Un jipi anclado en doctrinas espirituais doutros tempos...
...Pero vaia películas fixo o tio!
Xa non falo desta só, senon de verdadeiras obras pioneiras, experimentais e fascinantes: "El Topo" (1970) e "La Montaña Sagrada" (73), duas fodidas idas de olla lisérxicas que te deixan flipao. A primeira foi tan innovadoran (Un Western espititual de LSD) que chamou a atención deses oportunistas chamados os Bitels, que, por suposto querían traballar cun director tan cool. O mesmo Allen Klein, o seu representante, comprometeuse a producir o seguinte proxecto do zumbao chileno. Cal foi a sorpresa de George Harrison cando descubriu que non ían rodar precisamente Help!, senón que o seu personaxe tiña que, entre outras cousas, mostrar o ollo do cú para ser purificado con auga e xabrón!!! Imaxinádevos qué peliculón...!!! A verdade é que non ten desperdicio... Por suposto, Harrison decidiu non participar...
Pero se algo fallaba nestas pelis, era que chegaba un punto no que o delirio era demasiado, que a ida de olla podía chegar a aburrir...
Non pasa o mesmo nesta fermosa película, na que, ainda introducindo as súas obsesión sobre o psicoanálisis, o zen, a xenealoxía e as diversas doctrinas que mesturou, conta unha moi boa historia de terror. Extrana e atractiva, bizarra e sensible, cursi e cazurra; fai rir, chorar, e ás veces casi jomitar... Con moito sentimento...Pero con moita violencia, moi impactante nalgúns casos... Ten secuencias verdadeiramente terroríficas, e outras dunha cursilería irritantes... E unha historia que engancha, que sorprende, que acojona, que incomoda, que emociona...
Ese é Jodorowsky, un artista, un ser contradictorio, un poeta do escándalo que pretende non deixar indiferente a ninguén. Dende logo, pese ós detractores, esta película, como moitas outras das súas obras literarias, artísticas ou cinematográficas son (cada vez máis) obras de culto.

No hay comentarios: