Qué foi de Baby Jane?

(What Ever Happened to Baby Jane?, Robert Aldrich, 1962)

Película mítica por ver xuntas a dúas tías que non se podían nin ver: Joan Crawford e Bette Davis, dúas arpías perturbadas que se levaban peor na vida real que na propia película!! Sólo hai que ver os comentarios que se dician unha a outra a través dos medios de comunicación para darse conta de que estas tías non eran precisamente a sosa sintalento de Julia Roberts.
A peli xa trascendeu ó cinematográfico para convertirse nunha obra lexendaria plagada de incontables anecdotas. A miñas preferidas teñen que ver coas escenas de violencia entre ambas, nas que se ensañaron realmente unha coa outra, e mesmo, se equivocaban a posta para repetir unha e outra vez as torturas. Grandes damas, que nesta peli parecen dous adefesios sacados dunha película de terror(incomprensiblemente para dúas estrellas do seu calibre), que o deron todo por unha interpretación convincente. Chungas... chunguísimas... O caso é que á Crawford debeulle foder un güevo que a súa compañeira/archienemiga fose nominada pola academia por esta peli, quedando ela fora.
Aldrich tivo os collóns de dirixir a estas icribles tias e conseguiu un aceptable cacho de dinamita, contando as cousas con oficio e ambigüidade; e creando unha atmósfera inasana e un suspense moi inquietante (o denominado, terror psicolóxico).
Película de culto imprescindible.

No hay comentarios: