Punch-Drunk Love

(Paul Thomas Anderson, 2002)

Non se podía esperar menos do autor das excelentes "Boogie Nights" (1997) e "Magnolia" (1999)... Unha comedia romántica, pero lisérxica, oscura, divertida e moi, moi agresiva. Para que nos entendamos: RARA. O tio segue facendo pequenas obras mestras de culto donde nos presenta personaxes incribles (por certo, sempre usa os mesmos secundarios, en plan os Coen) e mete sempre un humor que está entre partirse o cú e sobrecollerte coa melancolía. PT Anderson fai unha pequena xoia, moi sencilla e desconcertante, onde non escatima en surrealismo, e mesmo abstracción (eses colorines...), e consegue crear atmósferas acojonantes. Pero, todo hai que decilo, gracias a esa xenial música de Jon Brion, e unhas interpretacións que chegan á alma.
Sen duda é o mellor papel de Alan Sandler, que fai dun individuo tímido, mentireiro e acojonado, con fortes desequilibrios, que, un bó dia, se enamora.

No hay comentarios: