Rashōmon

(羅生門, Akira Kurosawa, 1950)

No Xapón do S.XII, tres tipos reúnense nunhas vellas ruinas e contan a mesma historia, a dunha violación e un asasinato, dende puntos de vista diferentes... E Kurosawa aproveita para narrar a historia de forma incrible, mediante o uso de acertados flashbacks. Cuestionando a realidade, a verdade... Nótase o pesimismo que se vivia no Xapón deses anos, coas cinzas da bomba ainda no aire, xa que Kurosawa non é moi amable coa condición humana...
Este proxecto tan extravagante non contou con demasiados apoios por parte da industria nipona, polo que tivo que rodarse sen un puto duro e agudizando o inxenio cinematográfico (Cántas obras mestras se fixeron así...!)De tódolos xeitos, a peli conta coa sobresainte fotografía do grandísimo Kazuo Miyagawa, que xa por iso, é unha puta pasada. Se ademáis contamos con un ritmo constante e directo e coa interpretación do actor fetiche do cineasta, Toshiro Mifune, e doutros grandes actores en papeis sinxelos, danos lugar a unha peli sublime, cojonuda...
Esta claro que ver a un chinos andando a hostias e a espadazos no monte xaponés da idade media é unha cousa interesante e divertida. É o chamado xénero jidai-geki, cultivado entre outros por Mizoguchi ou Masahiro Makino. Outros xéneros apasionantes e íntegramente japos, son o Chambara (Hostias), o Tokusatsu (Lagartos xigantes radioactivos) ou o Yurei (terror japo).
Rashōmon supuxo unha revolución para o cine. Non só é unha das grandes obras do cine nipón, senón tamén do cine occidental (que Kurosawa amaba con loucura). De feito, a academia creou os Oscar á mellor peli estranxeira por esta peli.

No hay comentarios: