La noche de los muertos vivientes

(Night of the Living Death, George Romero, 1968)

Este é, sen dúbida, un dos meus xéneros preferidos no cine... As pelis de Zombis.
Romero (director da tamén xenial "El amanecer de los muertos" (1978) soubo reinterpretar "Os Paxaros" de Hitchcock, sendo máis minimalista e enigmático incluso que el... Normal, despois de todo, non había un peso... Ata os actores que facían de zombis, cobraron un dolar e unha camiseta!!! ("I Was A Zombie In Night of the Living Dead!", poñía...)
As pelis de zombis teñen suspense, son inquietantes, divirten, e ademáis suxiren algo oculto, algo imperceptible (crítica ó racismo?, (o "heroe" da peli é nejro), reflexo da sociedade dos 60?... Non sei... Qué máis da...? O importante é ver a unha multitude de mortos vivintes intentando devorar a un grupo de rednecks americanos, encerraos dentro dunha casa, e dando lugar a situacións de tensión, humor e terror moi significativas... Todo ambientado cunha fotografía e unha iluminación deliciosamente cutres... Gran peli, vive Dios... De feito, a biblioteca do congreso de USA considerouna "significativa culturalmente" e foi catalogada nos fondos patrimoniais americanos.
Curiosidade: Por andar durmindo, os neglixentes distribuidores orixinais desta película liberarona ó dominio público. Puto papeleo!! Se eres dos que teñen escrúpulos, podes baixar esta película de internet sen que sufra a tua preciosa conciencia.

1 comentario:

* dijo...

Moi divertida e recomendable é tamén "Creepshow" (82), con historias cortas de Stephen King (ata actúa nunha delas) e dirección de Romero.
Ten os títulos de crédito máis bos da historia do cine!