El Crepusculo de los Dioses
(Sunset Blvd, Billy Wilder, 1950)
¿Qué se pode dicir de Billy Wilder...? Por suposto, e pa empezar, que é o mellor director que traballou na meca do cine, un tio que, pese a estar integrado nese mundo, non facía máis que ironizar sobre el, e poñelo en evidencia... Un puto xenio cun sentido de humor sorprendente e unha mala hostia que estaba nalgún lugar entre o cine máis rancio e comercial e o cine máis irreverente e contestatario.
Facturou grandes obras mestras, e esta é un exemplo... Orixinal (a peli empeza co protagonista morto, William Holden, flotando nunha piscina como narrador), venenosa (nunca tanta mala hostia supurou un guión de Hollywood) e moi cruel e despiadada...
...Pero tamén divertida, cos diálogos chispeantes do maestro, e uns cameos nos que xente real se rie de sí mesma (Buster Keaton, Cecil B. Demile...). Pero para unha verdadeira cura de humildad, a que fai Gloria Swanson casi autointerpretandose, nun dos papeis máis desgarradores e acojonantes da historia do cine... Norma Desmond!... Un papel que fai que se che poña a pel de galiña... Como tamén os que interpretan outros dous monstruos... William Holden, un dos meus ídolos, o tipo duro con ironía... O vividor con escrúpulos... E por suposto, Erich Von Stroheim interpretando de forma maxistral a un chofer que está tan zumbao como a súa xefa...
Esta violenta historia fijo que levantou unhas cuantas ampollas, pero só se pretendeu dicir un par de verdades sobre o cruel paso do tempo, o anclamento no pasado, a soidade, a egolatría dalgunha estrela vida a menos, o falso amor...
Por suposto hai que citar tamén ao guionista colaborador de Wilder, Charles Brackett, un tio que se complementaba á perfección co maestro, e que escribiu con el moitas das mellores películas do séptimo arte ( "Berlín Occidente" (1948), "Días sin huella" (1945), "Cinco tumbas al Cairo" (1943)," El mayor y la menor" (1942), "Ninotchka" (1939), "La octava mujer de Barba Azul" (1938)...)
No hay comentarios:
Publicar un comentario